A materia Enxeñaría Gráfica non ten asociado ningún prerrequisito. Con todo, para cursar esta materia con éxito o alumno debe ter:
- Capacidade de comprensión escrita e oral suficientemente desenvolvida.
- Capacidade de visión espacial, abstracción, cálculo básico e síntese da información.
- Destrezas para o traballo en grupo e para a comunicación grupal.
- Polo menos nocións básicas adquiridas nas materias de Expresión Gráfica, Teoría de Máquinas e Mecanismos e Física en cursos previos.
As dificultades de aprendizaxe máis frecuentes están ligadas a carencias dos devanditos coñecementos, pero pódense salvar cun pouco de esforzo e os medios de que dispón este centro.
|