Tema |
Subtema |
Electrónica dixital |
- Conceptos básicos de electrónica dixital.
- Valores lóxicos: lóxica positiva e lóxica negativa.
- Familias lóxicas: TTL, ECL, CMOS.
- Funcións binarias e bloques lóxicos básicos.
- Táboa da verdade.
- Gráfico de Karnaugh.
- Circuítos integrados básicos.
- Deseño de sistemas dixitais combiancionais básicos |
Amplificadores operacionais |
- Conceptos básicos.
- Amplificador diferencial e amplificador operacional.
- O amplificador operacional: termináis, realimentación, curtocircuíto virtual.
- Montaxes con amplificadores operacionais: amplificador inversor, amplificador non inversor, circuíto amplificador sumador inversor, circuíto amplificador diferencial, circuíto amplificador integrador, circuíto amplificador derivador.
- Deseño desistemas analóxicos basados en amplificadores operacionais. |
O diodo |
- Conceptos básicos.
- Semicondutores.
- O diodo.
- O diodo zéner.
- Outros tipos de diodos: LED, fotodiodo, etc.
- Aplicacións do diodo.
|
Transistores de unión bipolar |
- Estrutura do transistor bipolar.
- Funcionamento do transistor bipolar.
- Polarización do transistor bipolar.
- O punto de traballo.
- Aplicacións do transistor de unión bipolar.
|
Transistores de efecto de campo |
- Estrutura do transistor de efecto de campo.
- Función do transistor de efecto de campo.
- Tipos de transistores de efecto de campo: empobrecemento e enriquecemento.
- Polarización do transistor de efecto de campo.
- Aplicacións do transistor de efecto de campo: conmutación, electrónica de potencia, electrónica dixital. |
Amplificadores de pequeno sinal |
- Concepto de ganancia: Amplificador de tensión, amplificador de corrente.
- Resistencia de entrada.
- Resistencia de saída.
- Modelo de pequeno sinal do transistor de unión bipolar.
- Modelo de pequeno sinal do transistor de efecto de campo.
|
Aplicacións da tecnoloxía electrónica |
- Dispositivos electrónicos de adquisición de datos.
- Sensores e actuadores.
- Convertidores analóxico-dixitais.
- Deseño de sistemas analóxicos e dixitais.
- Comunicacións industriais |
Práctica 1: Aplicacións con dispositivos de electrónica dixital |
Esta práctica ten como obxectivo que o alumno sexa capaz de deseñar, montar e comprobar un circuíto electrónico dixital básico, baseado en sistemas combinacionais. Preténdese con iso fomentar o empleo de estes dispositivos para resolver problemas interdisciplinares de enxeñaría e estimular o razoamento lóxico asociado a este tipo de problemas, onde o alumno deberá ser capaz de extraer o comportamento dixital dun sistema, dadas unha serie de especificacións de deseño. |
Práctica 2: Deseño con amplificadores operacionais |
O obxectivo principal desta práctica é familiarizar ao alumno cos amplificadores operacionais e observe a utilidade destes dispositivos na resolución de problemas de enxeñaría. Para isto, levaranse a cabo diferentes montaxes con estes amplificadores operacionais onde o alumno pode comprobar o funcionamento dos amplificadores operacionais no laboratorio baixo diferentes condicións. Estas montaxes tamén servirán para que o alumno razoe como debe montar diferentes conxuntos para obter unha función de transferencia determinada, que se pode aplicar en multitude de campos de enxeñaría. |
Práctica 3: Simulación de circuítos electrónicos dixitais e analóxicos |
Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co software de simulación de circuítos electrónicos PSIM, así como co simulador de sistemas dixitais para realización de montaxes con amplificadores operacionais e sistemas combinacionais, respectivamente. |
Práctica 4: Montaxe e medición de circuítos electrónicos básicos con diodos |
Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co equipo de instrumentación do Laboratorio de Electrónica mediante a montaxe e medición de circuítos básicos con diodos, como son os circuítos rectificadores (de media onda e de onda completa), así como diferentes configuracións de circuítos recortadores de sinal. Da mesma forma, fomentarase a utilización de software de simulación de circuítos, de maneira que se poida simular de forma previa o funcionamento do circuíto a ensamblar. |
Práctica 5: Simulación de circuítos electrónicos con diodos e transistores |
Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co software de simulación de circuítos electrónicos PSIM, para a realización de circuítos non lineais con diodos e análises do punto de traballo de transistores de unión bipolar e efecto de campo. Introduciranse así mesmo os amplificadores de pequeno sinal no simulador, para que o alumno comprenda o seu funcionamento. |
Práctica 6: Montaxe e medición de circuítos electrónicos básicos con transistores |
O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno comprenda os conceptos de punto de traballo dun transistor, así como as diferentes zonas de funcionamento (activa, corte saturación). Para iso, levará a cabo a realización de diferentes circuítos sinxelos en corrente continua con transistores bipolares para que o alumno tome consciencia das posibilidades que ofrecen estos dispositivos para seren aplicados en proyectos multidisciplinares. |
Práctica 7: Deseño de sistemas complexos analóxicos con amplificadores |
Esta práctica ten como obxectivo que o alumno sexa capaz de deseñar, montar e comprobar un circuíto de amplificación de varias etapas, combinando distintos tipos de amplificadores (pequeno sinal, operacionais, etc.), observando as diferenzas que existen entre eles. Para elo, diseñarase o amplificador e realizarase unha montaxe de forma incremental incorporando progresivamente os elementos (preamplificación, amplificación, adaptación de impedancias, etc.) á vez que se realizan as medidas oportunas co equipamento de instrumentación dispoñible no laboratorio. Do mismo modo, faise comprender o alumno a utilidade deste tipo de montaxes e a sua interconexión con outros conceptos da enxeñaría como, por exemplo, o tratamento de sinais de distintos dispositivos ou sensores e adaptar os niveis de tensión ou intensidad para operar con eles dunha forma eficiente. |