Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Resistencia de materiais
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Estática - Concepto do sólido elástico
-Vector. Producto escalar e producto vectorial
-Momento dunha forza
-Equilibrio estático. Ecuacións
-Momentos e productos de inercia
-Equilibrio estático e equilibrio elástico
- Solicitacións sobre unha sección en réxime elástico
Tema 2. Conceptos básicos de resistencia de materiais -Obxecto e finalidade da resistencia de materiais
-Tensións e deformacións
-Estado tensional. Matriz de tensións. Círculo de Mohr
-Principio de rixidez relativa e superposición
-Equilibrio elástico
-Reaccións nas ligaduras. Tipos de apoios
-Sistemas isostáticos e hiperestáticos
-Coeficiente de seguridade. Tensión admisible
Tema 3. Tracción-Compresión -Esforzo normal
-Deformacións por tracción
-Problemas estáticamente determinados
-Problemas hiperestáticos
-Tracción ou compresión monoaxial producida por variacións térmicas ou defectos de montaxe
Tema 4. Fundamentos de pandeo -Definición
-Carga crítica. Formulación de Euler
-Límites de aplicación da formulación de Euler

Tema 5. Flexión e cortante -Vigas. Deformación e clases. Forzas aplicadas a vigas
-Esforzo cortante e momento flector
-Relacións entre o esforzo cortante, o momento flector e a carga
-Diagrama de esforzos cortantes e momentos flectores
-Tipos de flexión. Hipótesis e limitacións
-Tensións normais. Ley de Navier
-Concepto de módulo resistente. Seccións óptimas
-Análise de deformacións: xiros e frechas. Relación momento-curvatura. Ecuación da elástica. Teoremas para o cálculo de deformacións
-Flexión hiperestática
Tema 6. Criterios de falla -Estado límite
-Material dúctil
-Material fráxil
-Factor de seguridade
Práctica 1: Ensaio de tracción Esta práctica intentará familiarizar ao alumno cos ensaios de tracción, así como coa normativa que os describe.
Práctica 2: Práctica de software F-Tool (I) Esta práctica tratará de familiarizar ao alumno co cálculo de valores de esforzos normais e cortantes en diferentes supostos mediante o emprego dun software de cálculo estrutural.
Práctica 3: Ensaio de compresión Esta práctica intentará familiarizar ao alumno coas probas de compresión, así como coa normativa que as describe. Realizará diferentes prototipos máis ou menos esbeltos e calculará a forza crítica. O amarre debe ser o mesmo para todos implicando isto un cambio brusco da sección. Tamén se calculará o diagrama de esforzos normais.
Práctica 4: Ensaio de cisallamento Esta práctica intentará familiarizar ao alumno coas probas de cisallamento, así como coa normativa que as describe.
Práctica 5: Ensaio de flexión Esta práctica intentará familiarizar ao alumno coas probas de flexión, así como coa normativa que as describe. Analizaranse diferentes configuración: viga biempotrada, biarticulada e biapoiada. Calcular o momento flector e a frecha asociada a cada unha delas.
Práctica 6: Módulo de elasticidade Esta práctica centrarase no cálculo do módulo experiemntal de elasticidade. O estudante empregará os datos recopiados polo alumno nas sesións previas de laboratorio. Para isto, repasarase a asociaicón do módulo elástico e das tensións en cada ensayo realizado.
Práctica 7: Práctica de software F-Tool (II) Esta práctica tratará de introducir ao alumno no cálculo de estruturas planas de complexidade crecente, obtendo esforzos normais, cortantes e flectores, así como a deformada ante diferentes tipos de carga. Deberá ademais facer unha interpretación de todos os resultados obtidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000