Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Sistemas de propulsión
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Informe de prácticas de laboratorio 10 A2
A3
A5
B1
C29
C33
D3
D4
D5
D6
D8
D11
D13
Traballo tutelado Informes e presentacións de traballos propostos ao longo do curso dentro das sesións práticas 20 A2
A3
A5
B1
C29
C33
D3
D4
D5
D6
D8
D11
D13
Exame de preguntas obxectivas Exame parcial de preguntas e problemas curtos (20%) (A porcentaxe se pode dividir en probas máis curtas)

Exame final de preguntas e problemas curtos (50%)
70 A2
A3
A5
B1
C29
C33
D3
D4
D5
D8
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación do curso na primeira oportunidade realizase por Avaliación Continua. Os estudantes que teñan unha xustificación poderán renunciar oficialmente á avaliación continua e presentarse a un único examen final de primeira oportunidade, na data oficial. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. Este exame pode ter unha parte a realizar nunha aula de informática e / ou laboratorio. A renuncia á avaliación continua debe facerse durante o primeiro mes de clase. Neste periodo se presentará o xustificante ao coordinador da materia para a sua valoración. Se non se fai esta renuncia xustificada, a nota reflectida na acta de primeira oportunidade será "non presentado".

Para superar a materia na primeira oportunidade se requirirá unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 na avaliación conxunta da avaliación continua durante o desenvolvemento das clases e do exame na data oficial. A nota final obterase de acordo coas porcentaxes indicadas.

Non se supera a avaliación continua nos seguintes casos:

- A non execución ou entrega, sen xustificación, de calquera dos items da avaliación continua (traballos, prácticas, exames...). Neste caso, a calificación final que se reflicte en actas será de "non presentado".

- Obter unha nota inferior a 5 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua. Neste caso, a calificación final que se reflicte en actas será a do examen final de avaliación continua.

A avaliación do curso na segunda oportunidade e fin de carreira realizase nun examen final na data planificada polo centro. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. Este exame pode ter unha parte a realizar nunha aula de informática e / ou laboratorio.

Para superar a materia na segunda oportunidade e fin de carreira se requirirá unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 no exame na data oficial.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente polo Consello do Centro EEAE publícase na web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

A duración máxima dos exames será de 3 horas se non hai interrupción, e de 5 horas se hai unha pausa intermedia (3 horas como máximo para cada parte).

As probas de evaluación continua realizaranse dentro do horario lectivo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000