Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Deseño mecánico, MEF e vibracións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliaranse os informes achegados polos estudantes da realización das prácticas en laboratorio. 15 A2
A3
A5
B1
B2
C20
C22
C25
D3
D4
D5
D6
D8
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia aprobarase si se obten unha cualificación igual ou maior que un cinco como nota final, da seguinte forma:


1.- Para os estudantes que opten pola avaliación continua, a asistencia ao laboratorio, as memorías de cada práctica e os exames parciais terán unha valoración de 3 puntos na nota final, esta cualificación conservarase na convocatoria de primeira oportunidade e na convocatoria de segunda oportunidade. As probas de avaliación continua realizaranse no horario lectivo.

2.- Os estudantes que non opten pola avaliación continua, a súa nota será a obtida no exame final proposto.

3.- O exame final da primeira e segunda oportunidade presentará duas partes:

a) 1ª parte, valorada con 7 puntos. Esta parte deberana de realizar todos os estudantes.

b) 2ª parte, valorada con 3 puntos. Esta parte deberana de realizar só os estudantes que non opten pola avaliación continua.

Sen menoscabo do anterior, os estudantes que vaian a avaliación continua poderán mellorar nota realizando de forma voluntaria a segunda parte do exame, sendo a súa nota final a mellor obtida.

4.- A avaliación en convocatoria fin de carreira farase mediante un exame teórico-práctico valorado sobre 10 puntos.

A duración máxima do
exame será de 4 horas si se fai de forma continua ou de 5 horas si hai unha
pausa intermedia (neste caso a duración máxima de cada parte non
superará as 2,5 horas).

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola
Xunta de Centro dá EEAE publícase na web
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000