Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Meteoroloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliarase a participación activa en clases e os resultados das tarefas ou problemas propostos 20 A2
A3
A5
C10
D11
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a participación activa en clases 5 A2
A3
A5
C10
D11
Presentación O alumnado terá que facer una presentación sobre un tema preparado fora de horas de clase orientado a que os seus compañeiros/as aprendan como a meteoroloxía pode afectar ás operacións aéreas ou espaciais. 10 A2
D11
Exame de preguntas obxectivas Exporanse preguntas de resposta curta sobre a teoría. Tamén podería incluirse algún exercicio de seminarios 55 A2
A3
A5
C10
D11
Traballo O alumnado terá que facer un traballo orientado a como a meteoroloxía pode afectar ás operacións aéreas ou espaciais. 10 A2
A3
A5
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Para aprobar a materia mediante avaliación continua será obrigatorio asistir a polo menos a 21 horas das 25 presenciais correspondentes ás prácticas en aulas de informática (seminarios) e entregar todas as tarefas propostas para facer fóra da aula (tanto da parte teórica como da parte práctica). Tamén será obrigatorio: i) presentarse á proba escrita, ii) facer o traballo e a presentación do traballo

As datas das convocatorias de fin de carreira, 1ª edición, 2ª edición son as aprobadas oficialmente e publicadas na web do Centro,

Ademais o alumnado terá que alcanzar polo menos a metade da nota total en cada unha das tarefas que se cualifican.

No caso de que alguén non puidese presentarse á avaliación continua (por causas xustificadas)

Deberá facer o traballo e a presentación do traballo e entregar os exercicios propostos en seminarios, ademais de facer a proba escrita, debendo obter polo menos a metade da nota en cada unha. Neste caso as porcentaxes de cualificación serán:

    20% exercicios propostos en seminarios (nota necesaria para aprobar a materia: 1 sobre 2)

    10% Traballo máis presentación do traballo (nota necesaria para aprobar a materia: 0.5 sobre 1)

    70% Proba escrita (nota necesaria para aprobar a materia: 3.5 sobre 7)

Segunda edición de acta:

100% exame (nota necesaria para aprobar a materia: 5 sobre 10).

En caso de non asistir á proba, ou non aprobala, nas seguintes convocatorias a avaliación será do mesmo xeito que para o resto do alumnado.

Convocatoria fin de carreira

Quen opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou non aprobalo, nas seguintes convocatorias a avaliación será do mesmo xeito que para o resto do alumnado.

Datas de exames:

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000