Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Dirección e xestión de proxectos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización dun proxecto relacionado co contido da materia 30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B7
B8
C19
D2
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D11
Estudo de casos Resolución de problemas e casos prácticos expostos nas sesións de prácticas 15 A2
A3
A5
B1
B2
B4
B5
B7
B8
C19
D3
D4
D5
D8
D11
D13
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test 50 A2
A3
A5
B1
B2
B4
B5
B7
B8
C19
D3
D4
D5
D11
D13
Presentación Presentación en clase do traballo en grupo desenvolvido. 5 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B7
B8
C19
D2
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D10
D11
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web 

http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Primeira oportunidade.

(1) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua:

Para poder superar a materia na primeira oportunidade, mediante Avaliación Continua, será necesario: 

-Unha nota, no exame final de avaliación continua, non inferior a 4.0. 

-Entregar todas as prácticas e traballos da materia obtendo, como mínimo, unha nota de 3 en cada un deles.

No caso de non cumprir ditas condicións a nota final será a resultante do mínimo da nota media de AC e de 4.0.

(2) Estudante que, tras unha autorización por parte do profesorado, desexen ser avaliados mediante avaliación única:

A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. 

Os/as estudantes que teñan unha xustificación poderán renunciar oficialmente á avaliación continua e realizar un só exame final, na data oficial. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O/a alumno/a deberá superar o 5 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio. 

A renuncia á avaliación continua debe facerse durante o primeiro mes de clase. Durante este período, presentarase o xustificante ao coordinador da materia para a súa avaliación.

Segunda oportunidade e Fin de Carreira

Os/as alumnos/as que non superasen a materia na primeira oportunidade poderán realizarán un exame que suporá o 100% da nota. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000