Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Fabricación aeroespacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba escrita 70 A2
A5
C12
D4
D8
Resolución de problemas Entrega de problemas propostos resoltos 5 A2
A5
C12
D2
D3
D4
D8
Aprendizaxe colaborativa Participación en actividades propostas 5 A2
A3
A5
C12
D2
D3
D4
D6
D8
D13
Prácticas con apoio das TIC Entrega de memorias de prácticas 20 A2
A5
C12
D2
D3
D4
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:



A materia avalíase en base a catro
parámetros:



-Exame de teórico-práctico (nota máxima 7 puntos). Nesta proba avalíanse os coñecementos teóricos da materia e cuestións
relacionadas cos problemas mediante un exame tipo test na data establecida para
o exame oficial da materia.



-Resolución de problemas (nota máxima 0,5 puntos). Avaliarase a entrega da resolución aos problemas expostos durante o
curso nos prazos establecidos.



-Aprendizaxe colaborativo (nota máxima 0,5 puntos). Deberase participar nas actividades propostas durante o curso. Este apartado será avaliado en grupo.



-Prácticas (nota máxima 2 puntos).
Avaliarase a entrega das memorias de prácticas durante o curso nos prazos
establecidos.



Aprobarán a materia aqueles alumnos que
consigan unha nota igual ou superior a 5 puntos. Non se fará media no caso de
que no exame teórico-práctico a nota sexa inferior a 4,5, sendo a nota final de actas a nota do examen.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:



O método de Avaliación é o mesmo que o
descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE.

Poderanse gardar traballos da primeira oportunidade con cualificación >5. En ningún caso se gardará a cualificación do exame.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS: 

En caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro
para os efectos oportunos.

As/os estudantes non-asistentes serán avaliados cun exame final que cobre 100% das competencias da materia.



O calendario de probas de avaliación
aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina
web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000