Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Electrónica e automática
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral En relación á parte I da materia nas clases de teoría impartense conceptos básicos sobre os temas 1 a 4. Para a exposición dos conceptos teóricos utilizarase tanto o proxector de vídeo como o encerado. O estudantado debe facer un traballo persoal posterior a cada clase repasando os conceptos expostos nas mesmas.

En relación á parte II da materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía), nas clases de teoría exporanse ao estudantado os contidos desta parte da materia.
Prácticas de laboratorio En relación á parte I da materia (temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía), algunhas das clases de grupo reducido adicaranse a realizar prácticas. As demais clases adicaranse a resolver exercicios.

En relación á parte II da materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía), nas prácticas de laboratorio se formularán, analizarán, resolverán e debaterán problemas relacionados coa temática desta parte da materia.
Resolución de problemas de forma autónoma En relación á parte I da materia (temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía), ó longo do periodo de docencia se publicarán exercicios para ser feitos como actividades non presenciales.

En relación á parte II da materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía) en clase se exporán, analizarán e debaterán problemas e/ou exercicios relacionados coa temática desta parte da materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000