Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realizaranse probas escritas e/ou traballos para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma así como a participación activa. 50 B2
C1
D1
D3
D5
D8
Prácticas con apoio das TIC Realizaranse probas parciais ao longo do cuadrimestre, coas que se pretende comprobar se o alumno vai alcanzando as
competencias básicas desta materia.
50 B2
C1
D1
D3
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA NA 1ª OPORTUNIDADE:

Para que un/unha estudante aprobe a materia na primeira oportunidade, debe obter unha nota mínima de 5 puntos ao sumar as diferentes notas ponderadas, sempre e cando a nota de cada proba non sexa inferior a 3.5 sobre 10. En caso de non acadar nalgunha proba a nota mínima de 3.5, a nota resultante será o mínimo da media ponderada das notas acadadas e 3.5.
Un/unha estudante debe seguir a avaliación continua cando se presente a algunha das probas parciais e deberá de seguir o procedemiento de avaliación descrito anteriormente. A duración máxima de cada proba será de 3 horas.

As probas parciais serán despois da finalización de cada tema.

Na proba final da 1ª oportunidade, os/as estudantes poderán recuperar as notas parciais.

Todo/a estudante por avaliación continua terá nota numérica final seguindo o procedemento anteriormente descrito. 

A probas de avaliación continua realizáranse dentro do horario lectivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN NON CONTINUA:

Haberá un sistema de avaliación para os/as estudantes que non opten a avaliación continua consistente nunha única proba onde se avaliará todos os contidos expostos ao longo do curso. Consistirá na resolución de problemas teórico/prácticos contando coa axuda do software estatístico R (100% da nota). A duración máxima da proba será de 3 horas.

As competencias avaliadas e o resultados de aprendizaxe son todos os que se describen.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA E NON CONTINUA NA 2ª OPORTUNIDADE E EXTRAORDINARIA (FIN DE CARREIRA):

O sistema de avaliación na 2ª oportunidade e Extraordinaria para todo o estudantado (con avaliación continua/non continua ou sen avaliar na 1ª oportunidade) será o mesmo que o empregado na 1ª oportunidade para estudantes sen avaliación continua.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da AERO atópase publicado na páxina web do centro http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000