Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Mecánica clásica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Evaluarase o traballo levado a cabo durante a realización das prácticas e a memoria de prácticas presentada polo estudantado. Deberase obter unha nota superior a 5 puntos sobre 10 nesta avaliación. 10 B1
B2
C15
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de dous exames parciais ao longo do desenvolvemento das clases sobre teoría e problemas. A primeira proba terá un peso do 50% e a segunda do 40%. En cada proba, requerirase alcanzar unha nota de 5 (sobre 10) para considerarse superada. 90 B1
B2
C15
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación de decembro/xaneiro: o estudantado que non superase unha das dúas (ou ambas) probas escritas realizadas durante a avaliación continua (descrita no cadro anterior), terá outra oportunidade no exame fixado para a data oficial. Este exame constará de dúas probas escritas correspondentes ás dúas probas parciais desenvolvidas na avaliación continua. O estudantado deberá presentarse a parte ou  ás partes non superadas. Nestas probas esixirase unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos exames realizados. A nota final obterase como media ponderada segundo as seguintes porcentaxes: 50% para o primeiro exame parcial, 40% para o segundo parcial e 10% para o laboratorio. No caso de que a nota ponderada supere o 5 sen que así o fixesen as notas individuais, a nota outorgada será de 4.9.

Para superar a materia na avaliación de xuño/xullo requerirase obter unha cualificación superior a 4.5 puntos sobre 9 nunha proba escrita sobre os contidos de teoría e problemas e unha cualificación superior a 0.5 puntos sobre 1 nunha proba escrita sobre os contidos de  laboratorio.O estudantado que levara a cabo as prácticas previamente e fose evaluado
positivamente non necesitará realizar o exame de prácticas conservando a
nota previa  Se non se cumple algún dos requisitos previos e, nembargantes, a suma das dúas notas supera o 5, o/a alumno/a considerarase suspenso cunha nota final de 4.9.

A evaluación para non asistentes será equivalente a descrita para a convocatoria de xuño/xullo.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000