Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Métodos matemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización de forma autónoma dunha colección de problemas de cada bloque de contidos.

RA1, RA2
40 B2
C32
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun exame final no que se recollen os contidos correspondentes ás sesións maxistrais e á resolución de problemas.

RA1, RA2
60 B2
C32
D1
D3
D4
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En calquera convocatoria é necesario obter un 5 para aprobar a materia. O exame puntuará sobre 10. Dado que a materia ten dúas partes ben diferenciadas, será necesario ter un mínimo de 2 sobre 5 en cada parte. No caso de
obter unha nota inferior a 2 puntos nalgunha das partes, a nota
final que figurará na acta será a suma de ámbalas dúas notas
limitada a un máximo de 4.8 puntos. (*)



A duración máxima de calquer exame será de 3 horas.

Avaliación segunda oportunidade (asistentes):

Realización dun exame no que se avaliarán os resultados da aprendizaxe e a obtención das competencias sinaladas na guía docente. O dito exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria.

No caso de ter obtido un mínimo de 3 puntos nunha parte
(e non ter alcanzado 2 puntos na outra parte), o/a estudante pode
optar a realizar unicamente a parte suspensa ou o exame completo.
Será de aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

Procedemento de avaliación para non asistentes (calquera convocatoria):

Realización dun exame no que se avaliarán os resultados da aprendizaxe e a obtención das competencias sinaladas na guía docente. O dito exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria. Será de aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

Datas avaliación:

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Espérase que os estudantes presenten un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).

Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de:

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos
nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en
documentos oficiais da universidade".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000