Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse probas escritas e/ou traballos para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma.
RA1, RA2, RA3
40 A1
B2
C1
C32
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Farase un exame final sobre os contidos da totalidade da materia.
RA1, RA2
60 A1
B2
C1
C32
D1
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En calquera convocatoria é necesario obter un 5 para aprobar
a materia. O exame puntuará sobre 10. Dado que a materia ten dúas partes ben
diferenciadas, será necesario ter un mínimo de 2 sobre 5 en cada parte. No caso
de obter unha nota inferior a 2 puntos nalgunha das partes, a nota final que
figurará na acta será a suma de ámbalas dúas notas limitada a un máximo de 4.8
puntos. (*)

A duración máxima de calquera exame será de 3 horas.

Avaliación segunda oportunidade (asistentes):

Realización
dun exame no que se avaliarán os resultados de aprendizaxe e a
obtención das competencias sinaladas na guía docente. O exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria.

No caso de ter obtido un mínimo de 3 puntos nunha parte (e non ter logrado 2 puntos na outra parte), o estudiantado pode optar a
realizar unicamente a parte suspensa ou o examen completo. Será de
aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

Procedemento de avaliación para non asistentes (calquera convocatoria):

Realización
dun exame no que se avaliarán os resultados de aprendizaxe e a
obtención das competencias sinaladas na guía docente. O exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria. Será de
aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

Datas de avaliación:

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a asignatura. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Recórdase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou ordenadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, de o 30 de decembro, por o que se aproba o Estatuto de o Estudante Universitario, establece en o seu artigo 13.2.d), relativo a os deberes de os estudantes universitarios, o deber de :

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000