Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Proba parcial sobre os contidos correspondentes aos dous primeiros bloques (sesións maxistrais e resolución de problemas) 30 A1
B2
C1
C32
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final no que se recollerán os contidos correspondentes ás sesións maxistrais e a resolución de problemas de toda a materia.

Duración: 2. 5 horas


70 A1
B2
C1
C32
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Se un estudante non se presenta a proba parcial ou o exame final, asignaráselle unha cualificación de 0 puntos nela.

P1: Nota da proba parcial  (sobre 10); P2: Nota do exame final (sobre 10).

No caso de acadar como mínimo un 4 no exame final, a cualificación en actas será:

max ( P2, 0.3*P1 + 0.7*P2 )

No caso de non acadar como mínimo un 4 no exame final, a cualificación en actas será P2.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2ª EDICIÓN DE ACTAS

Farase unha proba con tódolos contidos da materia e a puntuación acadada será a cualificación final.

DATAS DE AVALIACIÓN

A proba parcial realizarase dentro do horario lectivo.

As datas do exame final e da proba correspondente a segunda edición de actas serán as fixadas no calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE que se atopa publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000