Guia docente 2022_23
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Xestión da Configuración do Software
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Realización dun estudo para a identificación de alternativas para as distintas ferramentas empregadas na xestión da configuración de software.

O alumno deberá presentar e defender as conclusións do seu estudo.

Ademais, tamén se terá en conta a participación activa dos alumnos na defensa dos traballos e a capacidade dos alumnos para avaliar o traballo dos compañeiros.

Resultados de aprendizaxe: RA3, RA4 e RA6.
20 A4
A5
C1
C2
C4
D1
D4
D11
D13
Proxecto Desenvolvemento dun proxecto no que se aplicarán os conceptos de xestión de configuración de software tratados na asignatura.

Resultados de aprendizaxe: RA1, RA3, RA4, RA5 e RA6.
40 A2
B1
B9
C1
C2
C4
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D10
D12
D13
Estudo de casos Traballo no que os alumnos deberán deseñar unha proposta dun fluxo de desenvolvemento que dé soporte a un proxecto con unhas características determinadas (20% da nota).

Ademais, deberán configurar un entorno de desenvolvemento baseado no fluxo proposto (20% da nota).

Resultados de aprendizaxe: RA2, RA3, RA4, RA5 e RA6.
40 A2
A4
A5
B1
B9
C1
C2
C4
D1
D2
D4
D7
D10
D11
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1ª EDICIÓN DAS ACTAS

Os criterios de avaliación nesta asignatura son os mesmos para os alumnos asistentes como para os non asistentes, coa salvedade de que, no caso dos non asistentes, o "Seminario" farase, unicamente, ante o profesorado da materia, polo que non se terá en conta a participación activa dos alumnos na defensa dos traballos e a capacidade dos alumnos para avaliar o traballo dos compañeiros.

Cualificación final = 0.2 * nota de "Seminario" + 0.4 * nota de "Proxecto" + 0.4 *
nota de "Estudo de casos"


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2ª EDICIÓN DAS ACTAS E FIN DE CARREIRA

O "Seminario" faranse, unicamente, ante o profesorado da
materia, polo que non se terá en conta a participación activa dos
alumnos na defensa dos traballos e a capacidade dos alumnos para avaliar
o traballo dos compañeiros.

Cualificación final = 0.2 * nota de "Seminario" + 0.4 * nota de "Proxecto" + 0.4 *
nota de "Estudo de casos"


PROCESO DE CUALIFICACIÓN DAS ACTAS

En calquera das convocatorias, o alumno deberá superar cada unha das metodoloxías de avaliación e das probas parciais das que se compoñen para superar a materia. Considerarase que unha metodoloxía de avaliación está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 50% da nota máxima da devandita metodoloxía. Ademais, considerarase que unha proba está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 40% da nota máxima da devandita proba. No caso de que un alumno non supere algunha das metodoloxías e/ou probas, asignarase un máximo de 4,9 puntos como nota final da materia.


DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000