Guia docente 2022_23
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Enxeñaría do Coñecemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxecto Desenvolvemento dun proxecto práctico en que se valora a capacidade de traballo autónomo e o espírito crítico do alumno e a súa capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos a contornas reais. Os modelos de razoamento poden ser de natureza diversa, sempre que a súa utilidade sexa debidamente xustificada. Igualmente, sempre que sexa posible, é interesante a aplicación de distintas metodoloxía e a descrición da posible implantación do novo sistema nunha contorna real.
Ao final, o alumno deberá entregar unha memoria detallada do proxecto e facer o seu defensa nunha presentación oral.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA2, RA4
70 A1
B3
B8
B9
C12
D1
D4
D5
D6
D12
D13
Traballo Elaboración de tres traballos teóricos cos cales se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma.

Ao final, o alumno deberá entregar unha memoria detallada de cada un dos traballos realizados e facer o seu defensa nunha presentación oral.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA3
30 A1
A5
B4
B8
B9
C12
D4
D7
D11
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA E SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS E CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA [Asistentes e Non Asistentes]

Cualificación final = 0,30 *  traballos teóricos + 0,70 * proxecto

Os traballos teóricos serán tres, de igual peso no computo da respectiva compoñente da nota final, e deberán ser defendidos en datas previamente estipuladas.

Na data de exame, todos os alumnos farán a presentación oral dos seus proxectos.

Todos os alumnos deberán entregar unha memoria detallada de cada traballo (3 traballos teóricos + 1 proxecto práctico), incluíndo todo o código e os datos. Igualmente, a presentación dos traballos teóricos e do proxecto é obrigatoria para todos os alumnos.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Para superar a materia en calquera convocatoria, a cualificación final debe ser igual ou superior a 5, debéndose obter como mínimo un 5 (sobre 10) en cada un dos traballos (3 traballos teóricos + 1 traballo práctico). No caso de que non se cumpran os criterios para superar a materia, a cualificación final será igual ao valor mínimo das cualificacións das dúas partes.

DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI está publicado na páxina web

https://esei.uvigo.es/docencia/exames/

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

No caso de detección de plaxio nalgún dos traballos realizados a cualificación final da materia será de Suspenso (0) e o feito será comunicado á Dirección do Centro para que tome as medidas oportunas.

Ante calquera contradición que se poidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na tradución, a versión que prevalecerá é a versión en castelá.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000