Guia docente 2022_23
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Redes de computadoras I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios cuxo resultado se entregarán para realizar un seguimento da aprendizaxe da materia.
Para poder entregar as actividades expostas durante as clases de grupo reducido será necesario a asistencia as mesmas.
Resultados de aprendizaxe: RA3, RA4, RA5
10 A2
B9
C32
C34
D4
D5
Autoavaliación Realizaranse cuestionarios de autoavaliación da comprensión dos contidos de cada tema.
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2
20 A3
C17
D4
D8
D11
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas para avaliar si o alumno alcanzou as competecias básicas tanto no contido teórico como práctico da materia.
Para poder realizar as probas de avaliación parciais será necesario que o alumno asista ao 80% das prácticas de laboratorio.
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA3, RA4, RA5, RA7
40 A2
A4
B8
B9
C17
C31
C32
C34
D4
D5
D7
D8
D11
Práctica de laboratorio Realizarase unha proba práctica de deseño e configuración dunha rede LAN no simulador de rede.
Resultados de aprendizaxe: RA3, RA4, RA5
30 B9
C17
C31
C32
C34
D4
D5
D6
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES  1ª EDICIÓN DE ACTAS

Esta avaliación, coas porcentaxes de cualificación proposta, é válida para estudantes asistentes. Para iso é condición imprescindible que se cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ao longo do cuatrimeste, encomendarase ao alumno a resolución de problemas e/ou exercicios que terán algún resultado concreto que o alumno deberá entregar na data limite que se establecerán para cada un deles. A estes resultados concretos denomínaselles  Entregables. Será necesario entregar polo menos o 80% dos  entregables do curso para que puntúe este apartado y para que o alumno sea considerado asistente, en caso contrario pasará a considerarse non asistente y aplicaránselle os "criterios de avaliación para non asistentes".
  2. Realizar proba práctica de simulación de rede, práctica de laboratorio, cumprindo uns requisitos mínimos (obter unha cualificación de 6/10).
  3. Realizar todas as probas de preguntas obxectivas superando un mínimo esixido (obter un 5/10 en cada unha das probas). Para poder realizar as probas parciais, unha a metade de cuadrimestre e outra coincidindo coa data oficial de avaliación, será necesario ter un rexistro de asistencia de, polo menos, o 80% das clases prácticas ata a data da proba parcial. No caso contrario o alumno só poderá presentarse á proba final.
  4. Realizar os cuestionarios de  autoavaliación correspondentes a cada tema na data limite que se establecen para cada unha delas ao longo do cuadrimestre. Será necesario obter unha cualificación de 7/10 en cada cuestionario para que este sexa computable no cálculo da puntuación total deste apartado.

Cualificación final = 0,1 *  entregables + 0,3 * proba práctica + 0,4 * nota media probas escritas + 0,2 * autoavaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES

Metodoloxía/Proba 1: Exame de preguntas obxectivas

Descrición: Proba de avaliación do contido teórico e práctico da materia

% Cualificación: 40% Para superar esta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB4,  CG8,  CG9, CE17, CE31, CE32, CE34,  CT4,  CT5,  CT7,  CT8

Resultados de aprendizaxe avaliados:  RA1,  RA2,  RA3,  RA4,  RA5

--------------------

Metodoloxía/Proba 2: Práctica de laboratorio

Descrición: Proba práctica de deseño e configuración dunha rede  LAN no simulador de rede.

% Cualificación: 40%. Para superar esta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 6 puntos (sobre 10).

Competencias avaliadas:  CG9, CE17, CE31, CE32, CE34,  CT4,  CT5,  CT6,  CT8,  CT11

Resultados de aprendizaxe avaliados:  RA3,  RA4,  RA5

--------------------

Metodoloxía/Proba 3: Autoavaliación

Descrición: Cuestionarios de autoavaliación en liña que se habilitarán en  moovi ao finalizar a explicación de cada tema.

% Cualificación: 20% Será necesario obter unha cualificación de 7/10 en cada cuestionario para que este sexa computable no cálculo da puntuación total deste apartado.

Competencias avaliadas: CB3, CE17,  CT4,  CT8,  CT11

Resultados de aprendizaxe avaliados:  RA1,  RA2

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARRERA

Para a 2ª edición de actas empregarase o mesmo sistema de avaliación que para a 1ª edición de actas.

Para a avaliación de Fin de Carrera empregarase o seguinte sistema de avaliación:

Metodoloxía/Proba 1:  Exame de preguntas obxectivas

Descrición: Proba de avaliación do contido teórico e práctico da materia

% Cualificación: 50% Para superar esta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB4,  CG8,  CG9, CE17, CE31, CE32, CE34,  CT4,  CT5,  CT7,  CT8

Resultados de aprendizaxe avaliados:  RA1,  RA2,  RA3,  RA4,  RA5

--------------------

Metodoloxía/Proba 2: Práctica de laboratorio

Descrición: Proba práctica de deseño e configuración dunha rede  LAN no simulador de rede.

% Cualificación: 50%. Para superar esta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 6 puntos (sobre 10).

Competencias avaliadas:  CG9, CE17, CE31, CE32, CE34,  CT4,  CT5,  CT6,  CT8,  CT11

Resultados de aprendizaxe avaliados:  RA3,  RA4,  RA5

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Independentemente da convocatoria, na cualificación en actas sumaranse os puntos obtidos en cada unha das partes avaliadas segundo os criterios de avaliación especificados. Soamente na primeira convocatoria, no caso de non obter unha puntuación >5 nas probas escritas, a cualificación numérica na acta será a suma das outras partes. Se esta suma é >5, a cualificación na acta será de 4 e conservaranse as cualificacións das outras partes para a convocatoria de xullo do mesmo curso académico.

DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da  ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000