Guia docente 2022_23
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas operativos II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio PRÁCTICAS:
Realizaranse varias probas prácticas. Estas probas constarán de problemas de estrutura similar aos realizados durante o desenvolvemento da materia.

A nota final desta parte será a media das probas realizadas.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7
50 A2
A3
A5
B4
B9
C4
C7
C8
C15
C16
C32
C37
D2
D4
D8
D10
Exame de preguntas obxectivas Durante as clases teóricas, periodicamente, pedirase aos alumnos que respondan a preguntas cortas ou tipo test, sobre o visto na clase.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7
10 A2
A3
A5
B4
B9
C4
C7
C8
C15
C16
C32
C37
D2
D7
D8
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse varias probas escritas nas que se preguntará sobre os contidos do temario visto ata ese momento.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7
30 A2
A3
A5
B4
B9
C4
C7
C8
C15
C16
C32
C37
D2
D5
D7
D8
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante as clases teóricas, periodicamente, plantexaranse exercicios para resolver en grupo.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7
10 A2
A3
A5
B4
B9
C4
C7
C8
C15
C16
C32
C37
D2
D4
D7
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

O proceso de avaliación para os alumnos asistentes (presencial ou avaliación continua) na primeira opción consiste en:

  1. Varias probas individuais e escritas correspondentes aos contidos impartidos. A media destas probas corresponderá ao 30% da nota final.
  2. Varias probas sobre computador (Probas prácticas de execución de tarefas
    reais e/ou simuladas) cuxa media corresponderá ao 50% da nota final.
  3. Pequenos test para realizar durante as clases de teoría, sobre o visto na clase. A media destes test corresponderá ao 10% da nota final
  4. Resolución de problemas plantexados polo profesor nas clases de teoría. Esta actividade farase en grupos. A media destes exercicios corresponderá ao 10% da nota final.

Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que seguen a materia de forma
presencial e por tanto deberán de seguir o procedemento de avaliación descrito anteriormente. No caso de que non se presenten a algunha das probas asignaráselles unha cualificación de 0 nelas.

Para aplicar as porcentaxes e calcular a cualificación final é necesario obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) nos apartados 1 e 2, pero só se considerará que o alumno superou a materia se dita cualificación final é igual ou superior a 5 (sobre 10).

Se o estudante que se presenta de forma presencial, non supera a materia, pero obtén como nota media, nalgún de
os apartados 1 e 2, unha cualificación maior ou igual a 4 (sobre 10), conservaráselle dita nota para a segunda opción.

CRITERIOS  DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES

Metodoloxía / Proba 1: lección maxistral e resolución de problemas

Descrición: Unha proba individual escrita con preguntas sobre calquera
dos puntos do temario da materia.

% Cualificación:  50% da nota final.

Competencias avaliadas:  CB2, CB3, CB5, CG4, CG9, CE4, CE7, CE8, CE15,
CE16, CE32, CE37, CT2, CT4,CT5,CT7, CT8, CT11

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 e RA7

--------------------------

Metodoloxía / Proba 2: prácticas de laboratorio

Descrición: Unha proba individual sobre un computador do centro que consistirá na resolución de varias tarefas, semellantes ás
realizadas durante o curso nas sesións de prácticas.

% Cualificación:  50% da nota final.

Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB5, CG4,CG9, CE4, CE7, CE8,  CE15,
CE16, CE32, CE37, CT2, CT4, CT8, CT10

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 e RA7

Para aplicar as porcentaxes e calcular a cualificación final é necesario obter como mínimo un 4 (sobre 10) en cada unha desas dúas
probas, pero só se considerará que o estudante superou a
materia se dita cualificación final é igual ou superior a 5 (sobre 10).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Empregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para non asistentes.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Independentemente da convocatoria, no caso de non superar algunha parte da avaliación pero a puntuación global fose igual ou superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será de 4.9 (sobre 10).

DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es

OBSERVACIÓNS

Tanto para estudantes asistentes e non asistentes, en calquera convocatoria, terase en conta que as probas sobre o computador poderán ser substituídas por probas escritas dependendo da viabilidade de realizar as ditas probas sobre os computadores.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000