Guia docente 2022_23
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Física: Sistemas dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Durante o curso proponse a realización dunha serie de prácticas no laboratorio de Electrónica, consistentes na montaxe e/ou simulación de diversos circuítos. A influencia das prácticas na nota final das distintas convocatorias detállase no Apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
Resultados de aprendizaxe: todos
20 A1
B6
B8
C14
C27
C32
D9
D10
D11
D12
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Durante o período de exames finais correspondente tanto á convocatoria de Xaneiro como á convocatoria de Xullo farase un exame escrito no que se exporán diversas cuestións e problemas sobre a materia vista ao longo do curso nas clases de teoría. A cualificación dos devanditos exames e a súa influencia na correspondente nota final detállase no Apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
Resultados de aprendizaxe: todos
80 A1
B4
B5
C2
C3
C10
D4
D5
D6
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As persoas que se presentan como non asistentes deben comunicalo por escrito ao profesor de teoría antes de que transcorran as 4 primeiras semanas do cuadrimestre. De non facelo así se lles considerará como asistentes.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS: ás persoas asistentes aplicaráselles o seguinte procedemento de avaliación (vero apartado Avaliación descrito anteriormente):

_ Pola realización do exame pódese obter un máximo de 8 puntos na nota final, mentres que pola realización das prácticas pódese obter unha nota máxima de 2 puntos na nota final.

_ No caso de que unha persoa non asista a unha práctica sen unha xustificación válida ou non leve ao laboratorio a solución en papel do problema de deseño que se plantea no enunciado dunha práctica, a nota que se lle asignará pola realización da mesma será de 0 puntos.

_Se unha persoa obtén unha nota igual ou superior a 4 puntos no exame, entón a nota final que se lle poñerá na convocatoria de xaneiro será igual á suma da nota que haxa obtido no exame máis a nota que teña pola realización das prácticas.

_ Se unha persoa obtén unha nota inferior a 4 puntos no exame, entón a nota final que se lle poñerá na convocatoria de Xaneiro será unicamente a que obteña no exame, limitándoa a un máximo de 3.5 puntos (non se lle sumará a nota obtida pola realización das prácticas).

CRITERIOSDE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS: as competencias adquiridas polas persoas que se presentan como non asistentes na convocatoria de xaneiro avalíanse mediante dúas probas:

Proba 1:avaliación teórica

Descrición: exame escrito no que se expoñen diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia.

Calificación: o exame valórase sobre 8 puntos, sendo necesario obter unha nota mínima de 4 puntos para poder aprobar a materia. Este exame farase o mesmo día, á mesma hora e no mesmo lugar que o correspondente exame indicado anteriormente para asistentes.

Competencias avaliadas: todas

Resultados de aprendizaxe avaliados: todos

Proba 2: avaliación práctica

Descrición: proba a facer no laboratorio de Electrónica consistente no deseño, montaxe e/ou simulación de varios circuítos. É responsabilidade das persoas que se presenten como non asistentes aprender a manexar o hardware (placas de adestramento de Alecop) e o software [Multisim (NI) e ISIS (Proteus)] que se utiliza nas prácticas desta materia con antelación ao día da realización desta proba.

Calificación: esta proba valorarase sobre2 puntos e realízase durante o período de exames finales da convocatoria de xaneiro.

Competenciasavaliadas: todas

Resultadosde aprendizaxe avaliados: todos

Cualificación en actas: no caso de obter unha nota inferior a 4 puntos na proba 1 e/ou unha nota inferior a 1 punto na proba 2, a nota final que se poñerá na acta será a nota obtida na proba 1, limitándoa a un valor máximo de 3.5 puntos. No caso de obter unha nota igual ou superior a 4 puntos na proba 1 e unha nota igual ou superior a 1 punto na proba 2, a nota que se poñerá na acta será a suma das notas obtidas en ambas probas (a proba 1 máis a proba 2).

CRITERIOSDE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 2ª EDICIÓN DE ACTAS: o sistema de avaliación na convocatoria de xullo consiste no seguinte:

Proba: avaliación teórica.

Descrición: exame escrito no que se expoñen diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia.

Calificación: para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha nota igual ou superior a 5 puntos no exame, o cal se valora sobre 10 puntos.

Calificación en actas: si a nota obtida na convocatoria de xullo é inferior á nota obtida na convocatoria de xaneiro, entón a nota final que figurará na acta será a obtida na convocatoria de xaneiro. En caso contrario, a nota que figurará na acta será a que se obteña na convocatoria de xullo.

CRITERIOSDE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 2ª EDICIÓN DE ACTAS: o sistema de avaliación na convocatoria de Xullo é o mesmo que o indicado anteriormente para asistentes correspondente á 2ª edición de actas.

CRITERIOSDE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES E NON ASISTENTES NA CONVOCATORIA DE FIN DECARRERA: o sistema de avaliación na convocatoria de fin de carreira é o mesmo que o descrito anteriormente para asistentes correspondente á 2ª edición de actas.

DATAS DEAVALIACIÓN: o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web:http://www.esei.uvigo.es

NORMASRELATIVAS ÁS CLASESDE TEORÍA, ÁS CLASESPRÁCTICAS, AOS EXAMES, ÁS PROBAS REALIZADAS NO LABORATORIO DE ELECTRÓNICA E ÁS REVISIÓNS DOS EXAMES:

_ Débese responder ás distintas cuestións e problemas utilizando correctamente a simboloxía normalizada ANSI/ IEEE Std. 991-1986. De non facelo así, non se puntuará o correspondente exercicio. Hai que xustificar todos os resultados que se obteñan. De non facelo así non se puntuará ocorrespondente exercicio. Á hora de puntuar un exercicio non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta. Con independencia de todas as posibles solucións matemáticas ou electrónicas que poida ter un problema, só se valorarán aquelas que teñan sentido desde o punto de vista da Electrónica e da Enxeñería. Se de acordo co enunciado dun problema pódense expor varias solucións, a única que se puntuará será aquela cuxa implementación requira a utilización dun menor número de compoñentes, á vez que un menor número de compoñentes distintos, sendo estes o máis sinxelos que sexa posible.

_ Non se corrixirá ningún exercicio que presente faltas de ortografía ou ben caracteres ou símbolos ilexibles. Non se corrixirá ningún exercicio escrito con lapis ou con bolígrafo de cor vermella ou verde. Non se corrixirá ningún exame ao que lle falte algunha das follas do enunciado ou ben algunha das follas que se facilitan para responder as preguntas do exame.

_ Durante os exames e probas que se fagan no laboratorio non se poderán utilizar nin ter a vista libros, apuntes, calculadora, teléfono móbil, tableta, etc. No caso de non cumplirse esta norma non se corrixirá o exame e se lle poñerá un cero (0) na correspondente convocatoria. No caso de que se detecte a unha persoa copiando nun exame, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Durante a revisión dun exame non se pode ter un teléfono móbil ou tableta á vista.

_ Durante a revisión dun exame non se pode ter á vista un teléfono móbil ou tablet. En ningún caso se pode fotografar un exame e en caso de facelo poñeráselle un cero na correspondente convocatoria. Non se pode fotografar o que escriban os profesores da materia nos encerados durante as clases e, de acordo co dereito fundamental á propia imaxe recoñecido no art.18.1 da Constitución española, está prohibido gravar (audio e/ou vídeo) as clases de teoría, as prácticas e as titorías.

_ Cada vez que se vaia ao laboratorio de Electrónica a facer unha práctica, hai que levar ao mesmo os problemas de deseño que se expoñen no enunciado da correspondente práctica resoltos nunha folla de papel. Na devandita folla débense indicar todos os cálculos necesarios para resolver os problemas de deseño que se expoñen no enunciado da práctica. Tamén hai que levar o enunciado da práctica impreso nunha folla de papel. De non facelo así considerarase a práctica como non feita.

_ Durante as clases de teoría, as clases de problemas e as prácticas de laboratorio non se pode ter á vista nin utilizar un teléfono móbil.

_ Á hora de deseñar un circuíto hai que utilizar o menor número de compoñentes (portas lóxicas e/ou bloques funcionais) que sexa posible. Non se poden inventar compoñentes (portas lóxicas e/ou bloques funcionais). Só se poden utilizar compoñentes comerciais ou unha ampliación dos mesmos en canto ao número de entradas e/ou de saídas.

_ Non se gardan as prácticas feitas en cursos pasados.

_ Penalizarase o poñer compoñentes nun problema que non teñan utilidade algunha en relación ao devandito problema.

_ Á hora de debuxar un diagrama de estados que describa o comportamento dun sistema secuencial ou ben se utiliza un modelo de tipo Moore ou ben se utiliza un modelo de tipo Mealy. En ningún caso se admitirá como válido outro tipo de modelo (ou representación).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000