O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha/s
proba/s de avaliación, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data tope
que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba de avaliación suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e
características serán concretadas polo profesorado ao alumnado cando realice a consulta. As datas dos exames oficial, horarios, etc. poden consultarse na web do mestrado: http://masterdiversidade.webs.uvigo.es/gl/ O lugar de publicación das calificacións e de revisión será o taboeiro de anuncios do despacho do profesorado responsable e/ou a Plataforma utilizada para teledocencia nesta materia. A hora de revisión sinalarase no listado de calificacións exposto a partir da data oficial determinada na web do mestrado: http://masterdiversidade.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/ En caso de superar algunha das partes da materia conservarase a súa
calificación dentro do mesmo curso académico, pero na Acta académica figurará
como non superada e colocarase a cualificación resultante da puntuación obtida
(atendendo previamente a súa respectiva ponderación). As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso
académico. Máis información sobre o proceso de avaliación así como
sobre o tipo de proba/s, as orientacións para a realización, data de entrega,
etc. será facilitada baixo demanda do alumnado que precise, ao non poder
superar a materia por avaliación contiua. OUTRAS OBSERVACIÓNS En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para educadores en exercicio que acrediten un horario incompatible con las clases presenciales; en todo caso, garantizando a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para este alumnado. |