Para
superar a materia cómpre alcanzar o 50% da puntuación no Traballo tutelado e o
50% no resto de actividades (Asistencia e participación, Actividade de módulo e
Cartafol/dosier). As actividades non superadas na primeira convocatoria poderán
ser recuperadas na segunda convocatoria, manténdose as puntuacións nas
probas/actividades superadas. Para optar ao sistema de
avaliación continua o alumnado deberá asistir, polo menos, a 4 das 6 sesións
previstas para esta materia. O alumnado que non supere a
materia por avaliación continua terá que realizar unha avaliación final
mediante unha/s proba/s, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data
tope que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta/s proba/s de
avaliación suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e características
serán concretadas polo profesorado ao alumnado cando realice a consulta (poderá
ser un examen –que se considera a metodoloxía preferente nesta materia-,
entrega de traballo previamente acordado,.....etc). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para educadores/traballadores en exercicio que acrediten un horario incompatible coas clases presenciais; en todo caso, garantindo a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi no cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para este alumnado. Alumnado con necesidades específicas: En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Datas oficiais dos exames: As datas oficiais de exames poden consultarse na web do máster no espazo "exames". http://masterdiversidade.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |