Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valorarase a comprensión do sector escollido para o traballo; a fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc 30 A3
A4
A5
B2
C3
C5
C12
D1
D2
D3
D8
D14
D15
D16
D18
D20
D24
Resolución de problemas de forma autónoma Valorarase a capacidade do estudante de ter integrado a teoría e a resolución de problemas no ámbito escollido para o traballo. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. 20
Presentación Valorarase o traballo en equipo e a transmisión oral e visual (gráfica) e a exposición a realizar polo alumnado ante as docentes e o grupo de estudantes dun sector de intervención previamente escollido.Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado. Valoración das lecturas obrigatorias e a análise de textos. 10 A4
D1
D2
D11
D14
D20
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de carácter individual (40% da
cualificación final), sobre os elementos
conceptuais da materia. Constará de 40 preguntas con
tres alternativas de resposta. O sistema de corrección
será de acertos menos erros/2 (A-E/2). Dita proba
cualificarase de igual xeito para asistenciais e non
asistenciais.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións
equivalentes de avaliación. 

As persoas non presenciais, terán que entregar antes da finalización de curso, un proxecto individual de intervención nun
dos sectores a escoller por parte do alumnado, onde se reflictan os coñecementos e destrezas aprendidas.Este traballo
esixiráselles ás "persoas non asistenciais" a maiores de todo aquelo que se lle solicite ao conxunto do alumnado mediante a
avaliación contínua e que figura neste apartado de metodoloxías de avaliación. Dito traballo será obrigatorio e cualificarase
como apto ou non apto. 

As partes da materia superadas na 1ª oportunidad, non serán obxecto de avaliación na 2ª,considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Non se guardan notas de un curso académico para outro.

A aplicación da transversalidade de xénero e a linguaxe non sexista serán tidas en conta na avaliación continua de forma positiva. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o estudantado adscrito
ao programa PIUNE (PAT)

As datas oficiais dos exames da materia poden ser consultados na páxina web da Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000