Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Xestión de organizacións de benestar social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización de un tema,relacionado co temario. 10 A3
A5
B5
B6
C17
D8
D11
D12
Resolución de problemas de forma autónoma Planteamientos de problemas que os alumnos deben resolver en clase. 10 A2
A3
B5
C14
C20
D2
D8
Seminario Realización de actividades sobre temática especifica,na aula. 10 A2
A3
A4
C1
C14
C18
D2
D8
D23
Exame de preguntas obxectivas Relación de preguntas ,tipo test,relacionadas co temario. 50 A4
A5
B5
C1
C18
C20
D2
D8
D23
Cartafol/dossier Recopilación ,exposición e entrega de documentos elaborados polos estudantes. Que recompila información sobre oa traballos, proxectos, tarefas realizados durante o proceso de formación.
20 A3
A4
A5
B5
C14
C17
C18
C22
C23
D2
D8
D21
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A. Modalidade de Avaliación para Estudantes Asistentes.

 Como pode observarse a planificación do proceso ensinanza-aprendizaxe concibe como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser(procedimentais e atitudinais).

A avaliación do estudantado presencial relizarase en duas partes

1ª. Examen dos contidos teóricos. Exame de 20 preguntas tipo tes ou curtas. Valorándose sobre 10.Terá que superar o 5 para estar aprobado. É dará o 50% da nota final do estudante.

2º.Avaliación das actividades. Teran que ser presentadas todas aquelas practicas realizadas na aula, relacionadas cos contidos impartidos no mediano e pequeno grupo. Serán avaliables as prácticas relacionadas sobre a  creación de unha entidade, a sua estrutura, e o seu libro de actas.  Valoraranse sobre 10. Terán que superar o 5 para estar aprobada esta parte. É dará o 50% da nota final do estudante. 

O estudante terá que ter as duas partes aprobadas para superar a materia.

Sendo así, esixiráselle ao estudantado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con listas de asistencia- non podendo faltar a máis de 5 clases prácticas durante o cuadrimestre dun total de 22 clases prácticas (distribuídas en 15 de grupo mediano e 7 de pequeno grupo). Sinalar que non chega con asistir á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do/a estudante.

O avaliable son os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercícios e actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas, que supoñen, como xa se dixo o 50 % da nota total da materia.

Para a avaliación da parte práctica da modalidade asistencial, o profesor poderá pedir a defensa individual o grupal de cada una das prácticas do cartafol dossier

Quede expresamente claro que a docente non pedirá ao estudante explicación ningunha de por que non acode á clase e, tendo en conta que a asistencia ás clases na Universidade non son obrigatorias. Tampouco aceptará «escusas» ou «desculpas» respecto das ausencias deste. 

Se o/a estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia, terá que optar pola segunda modalidade de avaliación (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamento dun familiar próximo; situacións das cales se solicitará acreditación).

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.

 B. Modalidade de Avaliación para Estudantes NON Asistentes.

Aqueles estudantes que opten por non asistir ás clases prácticas, ou non poidan, ou pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan máis de cinco faltas na parte práctica da materia (grupos medianos e pequeno grupo), terán que demostrar igualmente que os seus compañeiros a adquisición das diferentes competencias da matéria, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos procedimentais e actitudinales.

Isto farano nunha única proba ou exame final o día da convocatoria oficial. Que constará de duas partes, unha parte teórica e outra parte practica. Realizando unha a continuación da outra.

Os dous exámenes suporan o 100 % da nota final do estudante.

O exame constará de duas partes: 

1. Examen con preguntas da parte teórica ,as mesmas que terá todo o alumnado; supoñerá o 50 % da nota final. Tendo que sacar como mínimo un un 5 sobre 10,para considerarse aprobado.

2. Exame con preguntas da parte práctica que será realizado despois da primeira parte .Consistirá en vinte preguntas curtas ou tipo test. Terá un tempo determinado,sobre 30mn,é poderase ter a documentación usada nos traballos de grupo mediano e grupo pequeno. 

Suporá o 50 % da nota final, tendo que sacar como minimo un un 5 sobre 10,para considerarse aprobado.

Terán que ter superados os dous examenes, con un 5, para poder realizar a media aritmética entre as duas notas,e poder superar a asignatura se superan o 5 na media aritmética.

 

A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada.

En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e demostre ter adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a través de textos existentes na biblioteca, dos apuntamentos da clase,e realizando os traballos de grupo mediano e grupo pequeno.

As partes da materia superadas na 1º oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2º, considerandose, polo tanto como aprobadas neste curso académico.

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.

-As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Educación e de Traballo Social , campus Ourense. No espazo de Traballo Social "Exames 2022‐2023".

a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)


b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha referencia específica para ter en consideración a especificidade e experiencia profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000