Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e participación ás aulas maxistrais (mínimo 80%) e asistencia a Congresos, Seminarios ou Xornadas de complementación da súa formación. 5 A1
A2
A3
C8
C10
C13
C21
C24
D1
D3
D4
D10
D15
D16
D17
D24
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Realizar, na aula ou fóra dela, as actividades propostas nos Grupos Medianos. 15 A5
Exame de preguntas obxectivas Realización da proba.
50 A1
C21
Traballo Exposición por parte do alumnado ante o docente e un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo ou exercicio. 10 A2
A3
A4
A5
B1
B5
C2
C7
C8
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización da proba. 20 A1
C10
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Alumnos Asistenciais

Esta modalidade implica:

  • Asistencia e participación en clase (un mínimo de un 80% das aulas) e asistencia a Congresos ou Seminarios no caso de ser propostos polo profesor (ata 0,5 puntos).

  • Asistencia e realización das tarefas requeridas nos Grupos Medianos (de 1 ata 1,5 puntos).

  • Asistencia e cumprimento das tarefas requeridas nos Grupos Pequenos (de 1 ata 1,5 puntos).

  • Realización de unha proba dividida en dous bloques, un de resposta tipo test e outra de resposta curta (7 puntos).

* Para superar a materia é preciso superar o exame, que non fará nota media co resto da avaliación se non se acadan 3,5 puntos en dita proba (sobre 7).


Avaliación non asistentes

Esta modalidade implica:

  • Conexión e realización das tarefas requiridas na Plataforma Moovi. Estableceranse prazos de entrega (ata 2 puntos).

  • Realización e entrega de dous comentarios críticos sobre unha selección de lecturas (1 punto). A comezo de curso deixarase na plataforma MOOVI a documentación coa relación de lecturas, así como as pautas e os prazos de entrega.

  • Realización dun exame escrito (ata 7 puntos) incluíndo a resposta das preguntas específicas sobre as lecturas no exame (ata 1 punto).

* Para superar a materia é preciso superar o exame, que non fará nota media co resto da avaliación se non se acadan 3,5 puntos en dita proba (sobre 7).

As e os estudantes que entreguen os traballos e exercicios fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso.

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

De non ser superada a materia, as competencias non adquiridas na 1ª convocatoria poderán ser avaliadas na convocatoria de Xullo.

A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria de xullo.

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

As datas e horarios dos exames poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico: http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exámenes/

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) 

Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha referencia específica para ter en consideración a especificidade e experiencia profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000