Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración, preferentemente grupal, de traballos ou actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.

Para o alumnado con modalidade asistencial, sexa presencial, a través do Campus remoto (non presencial) ou na modalidade mixta, as actividades prácticas realizadas na aula durante o curso serán avaliadas entre 1 e 2 puntos, podendo obter un total de 5 puntos entre o traballo desenvolto na aula (10%) e a actividade autónoma (40%).

Para o alumnado non asistencial, as actividades prácticas serán supervisadas en titorías pola profesora para contrastar a adquisición e progresión das competencias requeridas. Avaliaranse entre 1 e 2 puntos, podendo obter un total de 5 puntos (40% da nota do apartado práctico), sendo imprescindible realizar un mínimo de 4 titorías continuadas para superar este apartado (10% restante da nota do apartado práctico).

Puntuación máxima da parte práctica: ata 5 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 2.5 puntos neste apartado para poder superalo.
50 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B6
C1
C2
C5
C7
C8
C9
C11
C20
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D22
D24
Exame de preguntas obxectivas Realización dun examen tipo test e/ou preguntas de resposta curta sobre os contidos do temario. As preguntas deixadas en branco non se terán en conta na cualificación.

Puntuación máxima: ata 5 puntos da nota final. É preciso obter como mínimo 2.5 puntos para superar este apartado.
50 A1
A3
B6
D1
D2
D3
D4
D7
D8
D9
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

REQUISITO
PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:


O
alumnado deberá entregar ou subir a Moovi a súa ficha,
debidamente cumprimentada e cunha fotografía tamaño carnet, nun
prazo máximo de 3 semanas desde o inicio do curso
 académico,
facendo constar expresamente a modalidade elixida (asistencial ou non
asistencial) a través dun correo electrónico dirixido á
profesora. 


Isto
implica que, sexa unha ou outra a modalidade elixida, o
alumnado deberá contactar necesariamente coa profesora a principios
de curso (3 primeiras semanas) para comunicarlle a súa elección e
poder ser convintemente avaliado
.

CRITERIOS
DE AVALIACIÓN:


Aplicaranse
dous sistemas de avaliación tomando como criterio diferencial a
asistencia ou non ás clases de grupo grande e mediano, dado que a
planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe esixe a presenza
do alumnado, sobre todo naquelas relacionadas coa adquisición de
competencias procedementais e actitudinais, o que implica facer un
seguimento das asistencias mediante controles. Quen sen
notificalo teña una asistencia por debaixo do 80%, o que equivale a
3 faltas en grupo grande e 3 en grupo mediano, será considerado a
tódolos efectos como non asistencial, salvo causa debidamente
xustificada
(enfermidade ou pasamento dun familiar
achegado, realización doutros exames...).


*
Modalidade asistencial:
A nota final virá dada pola suma das
puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no cadro
superior, sendo preciso ter superados cada un deles ailladamente.


*
Modalidade non asistencial
: A avaliación e a superación da
materia virá determinada polo exame final (50% da nota final, sendo
necesario obter como mínimo 2.5 puntos dos 5 que integran este
apartado) e pola realización das actividades titorizadas pola
profesora -polo menos 4 titorías para superar este apartado-; as
ditas actividades entregaranse, como data máxima, o último día
oficial de clases lectivas (50% restante da nota). A nota final virá
dada pola suma das puntuacións obtidas nos dous apartados, sendo
preciso superar cada un deles ailladamente para poder facer a media.



SEGUNDA
OPORTUNIDADE: 

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto
de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas
nese curso académico.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao
programa PIUNE (PAT)


Segundo
a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás
clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.


A
data oficial dos exames pode consultarse na web da
Facultade: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000