Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Organización dos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Inclúese neste epígrafe a diversidade de traballos encargados que forman parte do sistema de avaliación continuo (lectura e defensa de artigos profesionais, libros da bibliografía básica, análise dunha organización de servizos sociais, supostos prácticos...). Valorarase cada un dos traballos solicitados e presentados polo/a estudante de xeito individual e/ou en grupo. Cómpre ter aprobada esta parte para facer media coa nota obtida na proba tipo test. Solicitarase un dossier individual no que se inclúan todas as prácticas, exercicios e traballos realizados.
Considerarase parte do seguemento avaliable da parte práctica da materia a realización de probas aleatorias (resposta por escrito a preguntas; pequenos test...) tendentes a comprobar na aula a realización dos traballos e encargos solicitados. A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a 2,5.
40 B1
B2
B3
B4
B5
C1
C2
C3
C13
D1
D2
D3
D4
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D24
Traballo tutelado Prácticas e traballos realizados na aula 10 A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C2
C3
C5
C8
C13
C14
C16
D1
D2
D3
D4
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D16
D17
Exame de preguntas obxectivas O /a alumno/alumna examinarase da parte teórica da materia desenvolta nas sesións maxistrais e nos seminarios. A nota obtida no exame da parte teórica será o 50% da nota total e só fará media coa nota da parte práctica se é igual ou superior a 2,5. Para o alumnado asistente, o exame constará de 40 preguntas con catro alternativas de resposta, das cales só unha é verdadeira. Cada tres respostas incorrectas invalidarase unha resposta correcta. O corte do aprobado sitúase en 20. 50 A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C2
C3
C5
C8
C13
C14
C16
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

APARTADO A)

Descrición da avaliación
Modalidade de avaliación para estudantes presenciais con asistencia regular
.

O xeito de avaliar será o descrito anteriormente,
supoñendo a parte teórica (proba test) o 50% da cualificación final e a
parte práctica (traballos de aula e tutelados) o outro 50%, para os/as estudantes desta modalidade asistencial (sexa
presencial, a través do Campus remoto (non presencial) ou en modalidade mixta).  A
planificación do proceso ensinanza-aprendizaxe esixe a presenza do estudiantado (física o virtual) nas actividades prácticas que se desenvolverán durante o
curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias
relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e
actitudinais). Subliñar que non chega con estar na clase (física ou virtual) nin que o
que se avalía é a simple "asistencia" á aula física ou presenza na
aula virtual a través do Campus remoto, senón que o avaliable son os
resultados do proceso ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e
actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas
clases presenciais ou virtuais. Polo tanto esixiráselle ao estudantado a súa presenza
nas actividades ao longo do curso(verificable con listaxes de
asistencia) non puidendo faltar a máis do 20 por cento do total de horas
presenciais (físicas ou virtuais).
Se o/a estudante deixa de asistir, sexa cal sexa a circunstancia, terá que optar pola segunda modalidade de avaliación. 

APARTADO B) Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes con regularidade.

O alumnado que opte por non asistir ás clases, non
poida, ou pretendendo ser estudantes asistentes teñan máis faltas das
permitidas, terán que demostrar o coñecemento dos aspectos
procedementais e actitudinais da materia no exame final (convocatoria
oficial).
Nesta modalidade, a avaliación soamente se realizará a
través do exame da convocatoria oficial e suporá o 100 % da nota. A
parte teórica da materia consistirá na mesma proba tipo test establecida
para o alumnado asistencial (40 preguntas con catro alternativas de
resposta, das cales só unha é verdadeira, no que cada tres respostas
incorrectas invalidarase una correcta). Esta parte representa igualmente
o 50% da cualificación. Na  parte práctica (que suporá o outro 50% da
cualificación), esixiráselle ao alumnado que saiba responder aos
contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo
do curso e que pode adquirir a través da bibliografía e a preparación
dos traballos tutelados que se lle encargan ao alumnado asistencial.
Neste sentido, na parte práctica poderanse incluir preguntas a
desenvolver e supostos relacionados cos artigos, supostos e prácticas
desenvolvidas na materia. O profesor informará e facilitará este
material ao alumnado non asistencial.

Outros comentarios a ter en conta na avaliación

Non se gardarán notas de ningunha parte da materia para o seguinte curso académico.
Esixirase que os/as estudantes saiban escribir
correctamente e sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas
incluidas), que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizar así como
resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén
se espera que saiba expresarse con corrección e de acordo co nivel que esixe un
ciclo universitario usando unha terminoloxía axeitada a este rexistro
lingüístico. Todo
isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá que
reflectirse nos seus exercicios e no exame. O plaxio supón de inmediato o
suspenso da materia.A materia pode ser estudada por completo cos materiais
existentes en Moovi e co asesoramento das docentes a través dos seus correos
electrónicos ou de titorías presenciais ou
virtuais, previa cita.


SEGUNDA
CONVOCATORIA

“As
partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación
na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico”.

As datas
oficiais dos exámenes poden consultarse na web da facultade
http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/) no espazo 'Exames 2022‐23'

En coherencia co carácter inclusivo
que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá
ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativoque
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000