Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Introdución ao traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Valoraranse as presentacións dos traballos tutelados e as exposicións dos exercicios/actividades solicitados de xeito individual e/ou en grupo. Dependendo do proceso final da actividade as notas serán individuais ou unha común para o grupo. Insírese dentro dos GMs ou GPs. 10 A3
A4
B6
D1
D8
D10
D11
D12
D14
D18
D19
D20
D21
D22
D23
Traballo tutelado Valoraranse os exercicios realizados polo alumnado, coa supervisión do profesorado de xeito individual e/ou en grupo. Terase en conta a progresión, interese, innovación, busca de fontes e capacidade de incorporar referencias adecuadas. Insírese dentro dos GMs. 40 A4
B3
B6
C8
C10
C12
C13
C14
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C23
C25
D2
D10
D11
D14
D15
D16
D17
D21
D22
D24
Exame de preguntas obxectivas O exame é unha proba tipo test de 40 preguntas, que pondera un 50% no global, é decir, para aprobar require unha cualificación mínima dun 5 sobre 10. Cada pregunta ofrece catro alternativas de resposta, nas que só unha delas é correcta. Cada 3 respostas erróneas descontarase unha resposta correcta. 50 C13
C14
C17
C18
C20
C25
D8
D10
D11
D12
D15
D17
D18
D19
D20
D21
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.Modalidade de avaliación para estudantes asistentes:
A planificación do proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedimentais e actitudinais). Sendo así, esixiráselle ao alumnado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con listas de asistencia- non podendo faltar a máis de 5 clases prácticas durante o cuadrimestre dun total de 21 clases prácticas distribuídas en 12 de grupo mediano e 9 de pequeno grupo. Avalíase non tanto a simple presenza na aula senón os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades correctamente realizados. Valórase a participación activa e pertinente tanto nas aulas teóricas como prácticas. 

2.Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes:  aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ás
clases (maxistral e seminarios, tanto presencias como, de selo caso
virtuais). Este alumnado será avaliado nunha proba final global e única
que consistirá en (cada unha das partes
deberá estar aprobada por independente para poder superar a asignatura
pero no mesmo examen, si supende ou non presenta algunha das probas
recuperará todo o examen na segunda oportunidade
): A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada. A parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba responder aos contidos conceptuais, actitudinais e procedimentais desenvoltos ao longo do curso.  A puntuación das respostas a estas preguntas suporá un 50% sobre a cualificación total e a parte práctica o outro 50%. Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás aulas, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

SEGUNDA
CONVOCATORIA

“As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo
tanto, como aprobadas nese curso académico”.

As datas
oficiais dos exámenes poden consultarse na web da facultade
http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/) no espazo 'Exames 2022‐23'

-En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativoque presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000