Presentación |
Exposición, por parte do alumnado, ante o docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo tutelado, exercicio, proxecto etc. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo. |
Traballo tutelado |
Os/As estudantes, de xeito individual ou en grupo, elaborarán aqueles exercicios que se lles encomenden relacionados coa temática da materia e coa súa aprendizaxe. Este traballo será supervisado polo docente no que atinxe á procura e recollida de información, á estruturación correcta do traballo, ao manexo de bibliografía, á boa redacción, á presentación, á exposición etc. |