Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Ciencia política: Política e democracia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia, participación e entrega da documentación requirida en cada un dos seminarios programados ao longo do curso en Grupo Mediano (GM). 15 B3
D2
D4
D8
D10
D16
Seminario Asistencia e participación nas titorías en Grupo Pequeño (GP) que o/a estudante mantén co docente para asesoramento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe en xeral e seguimento do traballo. Entrega da documentación requirida nos prazos determinados en horario de GP (avaliación contemplada no apartado Traballos e proxectos).
(*) Entregarase un documento coas “Pautas e prazos para realizar o traballo” (dispoñible na plataforma Moovi).
10 A1
A4
A5
C20
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D10
D16
Traballo Realización e entrega do traballo a partir do guión proporcionado polo/a docente (5%). Exposición e defensa do traballo realizado (10%). 15 A2
A3
A4
A5
B3
C4
C13
C14
C20
D1
D3
D8
D16
D18
Exame de preguntas obxectivas A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Un primeiro bloque composto por 25-45 preguntas tipo test. O valor deste bloque ascenderá a 4 puntos. O segundo bloque, véxase probas de resposta curta.
Data de realización: veáse en http://webs.uvigo.es/educacion-ou/
60 C20
C24
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación das/os estudantes
matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía
docente.

Avaliación
y cualificación:

  • Asistencia (mínimo un
    80%) e participación activa.
  • Realización das tarefas
    requiridas no espazo virtual da materia e nos Seminarios de grupo mediano (1,5
    puntos).
  • Asistencia, participación
    e entrega de documentación requirida (grupo pequeno). Exposición dun traballo
    que deberán entregar por escrito (2,5 puntos).  
  • Realización dun exame
    escrito (6 puntos).

Para superar a materia, os/as
estudantes deberán aprobar por separado cada unha das
partes, as probas teóricas (exame) e a práctica (avaliación continua) cun
mínimo de cinco
.

As/os alumna/os que entreguen os traballos
e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da
cualificación en cada caso. A cualificación obtida na avaliación continua desta
modalidade asistencial será sumada á obtida no exame da primeira convocatoria
e, no seu caso, a segunda convocatoria, a condición de que aprobasen cada unha
das partes cun mínimo de 5. 

IMPORTANTE: Será requisito necesario para
o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada[1] do alumnado que deberán subir á plataforma
a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.

As datas oficiais dos exames poden
consultarse na web da Facultade http://fcce.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Toda a información da materia estará
dispoñible na plataforma Moovi. https://moovi.uvigo.gal/

SEGUNDA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

As actividades/competencias/probas non
superadas durante a 1ª convocatoria ordinaria (xaneiro) poderán ser recuperadas
na 2ª convocatoria extraordinaria. As partes da materia superadas na 1ª
convocatoria, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto,
como aprobadas nese curso académico. Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª convocatoria, no caso de non superar
a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva
na convocatoria de xullo.

MODALIDADE NO ASISTENCIAL e CURSO PONTE

As e os estudantes que decidan optar pola
modalidade non asistencial, deberán poñerse en contacto coa profesora para
notificar esta opción a comezos de curso e sempre antes de finais de outubro.

Coa finalidade de favorecer a conciliación
da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado non asistencial
e do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e
resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol
específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de
avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso
ponte ou profesionais en exercicio.

OUTROS COMENTARIOS

En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

___________________________________



[1] A única finalidade do tratamento
deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do
alumnado matriculado na mesma. 

A base de lexitimación para o
tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e)
do   RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos
poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados na Lei
39/2015 no RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto
do Estudante Universitario.

O acceso á imaxe e aos datos
persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a
realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán
utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. Máis información: 
https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000