Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Bases pedagóxicas da educación especial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación
Avaliación da exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
10 A4
B11
C6
D3
D13
D17
Traballo tutelado Avaliación dos exercicios e proxectos realizados baixo a supervisión do profesor. 40 B1
B3
D12
Traballo tutelado
Avaliación dos traballos realizados e entregados polos alumnos/as
20 A4
B1
B3
B4
B11
B12
C4
C6
C15
C18
C19
C21
C61
C62
D1
D6
D7
D8
D9
D11
D13
D14
D16
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos deben realizar unha proba de exame de resposta corta en base os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Para aprobar a materia deberán obter unha calificación mínima de 1,5 puntos sobre 3. 30 A1
A2
A3
A4
B3
B6
D6
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación que se propon é unha avaliación multicriterio, é decir, unha avaliación que admite propostas de valoración en todas as actividades que leven a cabo (coñecimentos teóricos, prácticos, traballos, exame, …) permitindo unha avaliación que supoña unha valoración integral do alumno/a.
Criterios para superar a materia:

a) Alumnado asistente: enténdese por alumnado asistente aquel que asiste con regularidade ás clases (minimo un 80%). Este deberá participar nas modalidades indicadas no apartado de Avaliación e será condición indispensable para superar a materia obter en cada unha delas como mínimo a metade da puntuación.
b) Alumnado non asistente: enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ás clases (falta máis dun 20%). Éste deberá realizar un exame no que entran todos os contidos da materia, este valorarase ata un máximo de 5 puntos, para aprobar a materia deberá como mínimo obter neste apartado 2,5 puntos. Ademáis deberá realizar un traballo tutelado que terá tamén unha valoración de ata 5 puntos. Será condición indispensable para superar a materia, obter en cada un dos apartados como mínimo a metade da puntuación.

Segunda convocatoria: As competencias non adquiridas na primeira convocatoria serán avaliadas na segunda (xullo). De non superar esta última convocatoria non se gardarán as puntuacións obtidas. Responde ás mesmas esixencias e probas realizadas na primeira convocatoria.

Datas exames: consultar a web da facultade no menú "Datas exames"

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000