Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Aspectos didácticos e organizativos da educación especial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade de facilitar información organizada seguindo criterios adecuados á finalidade dos
mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da
organización escolar. Así mesmo, esta metodoloxía é propicia para a participación dos
estudantes a través da formulación/contestación de preguntas, exposición de puntos de vista,
etc.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Resolución de problemas Resolver problemas ou exercicios propostos desenvolvendo as solucións axeitadas coa aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados
Traballo tutelado O estudante elabora un documento sobre a temática da materia, investigacion, memoria, resumos de lecturas, etc. Inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000