Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Recursos para o ensino das matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo individual ou elaborado en equipos cooperativos. Utilizaranse rúbricas para a avaliación. 70
Exame de preguntas obxectivas Proba para avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten
    dereito a ser avaliado.
  • En caso de non ter superada a
    materia na primeira edición de actas, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo.
  • As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
  • En consonancia co carácter inclusivo que caracteriza á
    Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá adaptarse ás
    necesidades específicas de apoio educativo do alumnado matriculado no
    programa PIUNE (PAT).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES  E FIN DE CARREIRA

Exame de preguntas obxectivas

Descripción: probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen
preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben
responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que
teñen sobre a materia.

Cualificación: 60%. 

Competencias avaliadas: CE38, CE39, CE42

Traballo tutelado:

Descripción: deseño de secuencias didácticas con materiais tendo en conta as
competencias do curriculum de matemáticas na Educación
Primaria

Cualificación: 40%

Competencias avaliadas: todas as da materia

As datas oficiais dos exames poden ser consultadas na páxina web da facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000