1. Asistir a clase resultará moi beneficioso para cumprir os obxectivos da materia sobre todo nas súas aplicacións prácticas. Nas primeiras sesións os profesores da materia darán unha visión de conxunto e anticiparán as tarefas e actividades que serán desenvolvidas.
2. Si non podes asistir a clase, será especialmente importante acudir ás titorías do profesorado, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade “TEMA”. Nela poderás atopar todas as actividades que deberás realizar para a túa formación e a superación desta materia.
3. A túa condición de alumno/a de a Universidade de Vigo, abre as portas a moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE atoparás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes atopar na nosa Universidade.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promovera prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |