Esta materia proporcionará ao futuro docente coñecementos científicos necesarios para favorecer o desenvolvemento das habilidades lingüísticas do alumno de E. Primaria.Terá dominio para empregar técnicas didácticas adecuadas, capacidade para seleccionar recursos e estratexias de intervención didáctica, criterios para analizar os diversos materiais e referentes para avaliar o progreso nas diferentes habilidades comunicativas.