Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración de traballos grupais. 25 A1
A2
B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D21
Obradoiro Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións prácticas (Sesións B).
15 B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
Resolución de problemas Desenvolvemento dunha proba individual teórica. 25 B2
B8
C53
C54
C55
C56
D2
D5
D7
D8
D13
D14
D16
D17
D18
Presentación Presentación e defensa de traballos grupais e individuais. 25 B2
B3
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D21
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento dunha proba grupal práctica. 10 B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D2
D5
D7
D8
D9
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O cadro anterior recolle os
criterios de avaliación para alumnado Asistente, isto é, alumnado que non falta
a máis de 3 clases das Sesións B (ou sexa, que cumpre co 80% de asistencia ás
Sesións B), xustificadas ou sen xustificar. Isto significa que para ter a
consideración de Asistente pódese faltar a un máximo de 3 clases das Sesións B.
Desas 3, cada falta sen xustificar penalizará -0.1 puntos no apartado de
“Asistencia e participación nas Sesións B”. Se se pode xustificar a falta, a
ausencia non penaliza. Os xustificantes nunca se entregarán por correo
electrónico: mostraranse á profesora coordinadora da materia en calquera das
sesións presenciais. A asistencia e participación ás Sesións A non puntúa na
cualificación final. Non obstante, resulta indispensable asistir a elas para o
bo aproveitamento da materia, especialmente de cara á asunción e comprensión
dos contidos e de cara a poder seguir o ritmo das Sesións B sen dificultades.
Asistir ás Sesións A tamén favorecerá a calidade da participación e das achegas
individuais que o alumnado faga nas Sesións B.




AVALIACIÓN PARA ASISTENTES:
Proba teórica individual: 25%
Proba práctica grupal: 10%
Presentacións: 25%
Traballos tutelados grupais: 25%
Asistencia e participación nas
Sesións B: 15%



Para o alumnado que opte por non
ser asistente, as porcentaxes para o cálculo da cualificación final da materia
serán as seguintes:


AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES:
Proba teórica individual: 25%
Proba práctica grupal: 15%
Presentacións: 30%
Traballos tutelados grupais: 30%

O alumnado que opte pola opción
de Non Asistente deberá comunicalo ao profesorado a través de correo
electrónico nos primeiros 15 días de clase. Nestas dúas
primeiras semanas de clase tamén debe
participar no foro de Non Asistentes
habilitado na aula virtual da materia para integrarse nun grupo de traballo de
alumnado Non Asistente.

O alumnado que ao longo do
semestre perda o dereito a avaliación como Asistente por superar o máximo de 3 faltas
debe pórse en contacto coa coordinadora da materia tan pronto como se vexa
nesta circunstancia. Neste caso, será avaliado de acordo ás porcentaxes de
avaliación establecidas para Non Asistentes.

Se se dan as circunstancias, a participación
de alumnado Asistente en actividades artísticas fóra das aulas regulares da
materia (por exemplo, conmemoracións organizadas pola Facultade), suporá a
obtención dun comodín de ata +0.3 puntos a sumar individualmente nos seguintes
apartados e por esta orde: “Asistencia e participación nas Sesións B”,
“Presentacións” ou “Traballos tutelados grupais”.

Para superar a materia é
necesario ter aprobados (isto é, ter un 5 sobre 10) os apartados “Proba teórica
individual”, “Proba práctica grupal”, e “Traballos tutelados grupais”. Esta
condición aplica tanto ao alumnado Asistente como ao Non Asistente.

OBSERVACIÓNS:
a. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade
non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como
aprobadas nese curso académico.
b. As datas oficiais dos exames poden consultarse na
páxina web da Facultade, na ruta “Docencia” --> “Exames”. A
convocatoria e as instrucións para as probas prácticas da materia anunciaranse
na aula virtual da materia.
c. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para
atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT).
d. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida
laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que
guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000