Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Determinación de coñecementos previos e de aptitudes e actitudes do alumnado cara á materia. Exposición da folla de ruta do curso.
Traballo tutelado Elaboración de traballos dirixidos polo profesorado.
Lección maxistral Exposición dos contidos teórico-prácticos da materia e das directrices para a elaboración de traballos.
Obradoiro Desenvolvemento de traballos grupais cooperativos e participativos, técnicas de ensino-aprendizaxe; e deseño, implementación e avaliación de actividades artísticas para primaria.
Resolución de problemas Realización dunha proba teórica individual e dunha proba práctica grupal.
Prácticas con apoio das TIC Presentación e práctica con soporte lóxico para a educación musical.
Presentación Presentacións individuais e grupais preparadas polo alumnado.
Seminario Orientacións e reflexións conxuntas: dúbidas, consultas e seguimento dos traballos (que requirirán da actividade autónoma do alumnado), noticias de actualidade, dilemas que comporta a educación musical no s. XXI etc.)
Prácticas de laboratorio Práctica musical: canto, interpretación instrumental e danza.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000