Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima na teoría (2'5 puntos de 5 puntos de teoría, obtendo mínimo no exame 2 puntos) e nas prácticas (2'5 puntos de 5 puntos de prácticas). As partes da materia superadas na
1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas no curso
académico. A avaliación para o alumnado asistente e non asistente é a mesma. Para ser calificados/as a través da avaliación continua requirirase a asistencia alomenos, ao 80% das sesións de prácticas e teóricas respectivamente. Outras situacións excepcionais que merezan un trato específico, analizaranse no seu momento. As competencias non adquiridas serán avaliadas en 2ª convocatoria e, de non aprobarse, entón non se gardarán as notas para a seguinte convocatoria. Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non a clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. Pódense consultar as datas dos exámenes na páxina web da Facultade, na sección de Educación Primaria, apartado datas Exames En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |