Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80%, das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos. Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado. Aqueles estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondentes á segunda oportunidade, no mes de Xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na primeira oportunidade. Os estudantes que non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo titorizado polos docentes realizarán unha proba de contidos teóricos sobre a materia, que suporá un 50% da nota, un comentario sobre una monografía, 20% e un traballo teórico-aplicado titorizado, ao que lle corresponderá o 30% da cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes un 50% da cualificación total das mesmas. No caso de alumnado do Curso Ponte proporase unha avaliación alternativa que será concretada polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se faga a consulta persoalmente. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'exames' En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |