Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Xeración e procesado de imaxe en biomedicina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Preguntas e ceustións sobre a teoría e o traballo práctico realizado. 30 C33
C35
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas prácticas sobre o tema. Supostos prácticos, toma de decisións... 30 C33
C35
D6
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Resultado final do traballo práctico. Baseado en entregables cun prazo e especificación de contido obrigatorio. 40 C33
C35
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O exame de preguntas de desenvolvemento e o de resolución de problemas teñen lugar o mesmo día na data, hora e lugar definidos polo centro no calendario do exames.

O estudante pode decidir se quere un exame final (avaliación única) ou avaliación continua (segundo o procedemento descrito anteriormente). Para iso, débese indicar a decisión por escrito no exame final. Se se opta pola opción do exame final (o exame final é o 100% da nota) teráse que completar preguntas e/ou exercicios adicionais (con máis tempo).

Na segunda oportunidade, pódese escoller entre a avaliación continua e o exame final, pero tendo en conta que:

- A nota de avaliación continua é a mesma que a obtida na primeira convocatoria.

- A nota de avaliación continua só é válida para o curso actual.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: en convocatoria extraordinaria (fin de grao) aplícase o mesmo procedemento que no caso de estudantes que non seguiron o proceso de avaliación continua.

No caso de detectarse plaxio nalgunha das probas (probas curtas, parciais intermedios, exame final, informes prácticos), a nota final será SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000