Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Dispositivos electrónicos dixitais en medicina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Para obter a nota de prácticas terase en conta:
1.- A realización do traballo previo para a preparación de cada práctica, que suporá o 30% da nota da mesma.
2.- O aproveitamento de cada práctica, valorado a través de preguntas sobre os resultados obtidos e as conclusións alcanzadas, que suporá o 70% da nota da mesma.
3.- A asistencia as prácticas e unha obriga. Admítese a non asistencia a unha das sesións por razóns xustificadas.
Para aprobar as prácticas será necesario obter como mínimo o 50% da
nota total, calculada como a media das notas de cada práctica.
50 C34
D2
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Por medio deste tipo de probas avaliaranse os resultados do aprendizaxe
correspondente os conceptos teóricos transmitidos nas sesións
maxistrais. Realizarase unha única proba escrita o final do cuadrimestre.
Para aprobar dicha proba será necesario obter como mínimo o 50% da nota total da mesma.
50 C34
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
nota final da materia obterase como media aritmética da nota de teoría e de
prácticas. Para aprobar a materia es necesario obter un mínimo do 50% da nota
máxima. Para poder facer a media e necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima
en cada parte. Se non alcanzase o limiar mínimo (40%)  nalgunha das partes, a nota final da materia
será de suspenso e o valor numérico calcularase multiplicando por 0,71 a nota obtida
ca media aritmética (aclaración sobre o coeficiente: Este coeficiente obtense
de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre 6,99 (máxima nota da media
aritmética que se pode obter suspendendo a materia (10+3,99)/2 ).

Na
segunda convocatoria non será necesario presentarse as partes aprobadas.

A avaliación
dos alumnos que teñan que presentarse a segunda convocatoria do curso académico
realizarase:

-
Co exame final: Proba de respostas largas, de desenvolvemento. Avaliarse o coñecemento
dos conceptos teóricos e a capacidade de resolver problemas.

-
Co exame de prácticas. Este exame consistirá na realización dunha das tarefas especificadas
no conxunto de enunciados de prácticas realizadas durante o curso.

A
nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota da
primeira convocatoria.

O
alumnado de avaliación non continua será avaliado por medio dun exame final de
coñecementos teóricos e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso
y os criterios de avaliación son os mesmos que na avaliación continua.

Compromiso
ético: Esperase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos no autorizados, e outros), considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a avaliación global
no presente curso académico será de suspenso (0.0)

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000