Práctica de laboratorio |
Preguntas acerca dos exercicios realizados nas prácticas de laboratorio |
20 |
|
B3 B4
|
C19 C20
|
D2 D9 D10 D17
|
A materia aprobarase si obtense unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final. Para iso un 40% da nota correspóndese coa resolución de exercicios e respostas a preguntas curtas dos contidos de teoría e prácticas; un 20% conséguese a partir dos exercicios realizados en prácticas de laboratorio; un 40% virá dun proxecto proposto a realizar durante o cuadrimestre. En calquera caso é necesario obter un 30% en cada un do tres apartados expostos anteriormente para aprobar a materia. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |