Prácticas de laboratorio |
Proponse a realización dun traballo de deseño (trD), a realizar ao longo do cuadrimestre, que requere de horas na casa ademáis do apoio das sesións criativas en grupo e das titorías (nivel de dificultade en función da propia ambición de cada alumno), consistente nun deseño de produto e a correspondente proposta de comunicación do mesmo, ben partindo dun conxunto existente e dotándoo dalgunha innovación significativa, ben criando un novo produto (preferible).
O proceso estará coordinado polo profesor desde a elección inicial do traballo a realizar, pasando polas sucesivas fases nas que o alumno terá que efectuar entregas parciais. Finalmente efectuará a presentación do produco deseñado e entregará a documentación pertinente |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Realización de actividades que necesariamente requiren do esforzo creativo, da atención, a participación activa e a colaboración dos estudiantes entre sí e co profesor, tal como sucede nas etapas criativas do proceso de deseño. |