Prácticas de laboratorio |
As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento de prácticas e unha proba ao final do período de impartición das prácticas
|
15 |
|
|
|
D5 D9 D10 D15 D17
|
PRIMEIRA EDICIÓN: A avaliación continua realizarase durante o período de impartición da materia segundo os criterios establecidos no apartado anterior.
Na primeira edición para superar a materia será necesario alcanzar unha nota mínima de 2 sobre 5 na proba escrita realizada na data previamente fixada polo centro (http://eei.uvigo.es). A nota será a suma da nota obtida no exame final máis a nota da avliación continua. En caso de non acadarse este mínimo a cualificación corresponderase coa máxima calificación obtida, ben no exam final ou ben na avaliación continua. Aqueles alumnos que renunciasen oficialmente á avaliación continua serán avaliados cun exame final sobre os contidos da totalidade da materia, que suporá o 100% da nota. SEGUNDA EDICIÓN (exame de xullo): Cando o alumno o solicite dentro dun plazo establecido poderá renunciar a súa calificación da avaliación continua obtida durante o curso. Neste caso, a avaliación realizarase mediante un exame escrito no que se avaliarán a totalidade dos contidos impartidos na materia, tanto nas clases de teoría como nas clases de prácticas, e que permitirá obter o 100% da avaliación. O exame realizarase na data oficial previamente fixada polo centro (http://eei.uvigo.es). CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: na segunda edición manterase a nota da avaliación continua, agás o alumno renucie no plazo establecido polo profesor. Neste caso, para superar a materia manternase os requisitos indicados na primeira edición. No caso de renucia a avaliación continua, tanto voluntaria como oficial, o alumno debrá cadar un 5 sobre 10 para aprobar a materia. Os contidos avaliados neste exame corresponderanse coa totalidade da materia (teoría + prácticas). Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |