Educational guide 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteríanse tódalas metodoloxías docentes planificadas, se ben adaptaríanse a un escenario "non presencial".

As "sesiones maxistrais" impartiríanse telemáticamente, a través do campus remoto, faitic ou otra plataforma que a Universidade de Vigo puxese a disposición do profesorado.

As "prácticas de laboratorio" inicialmente planificadas, e sempre que as circunstancias impidan a súa realización de xeito presencial, cambiaríanse por prácticas que se poidesen facer de xeito virtual ou ben por seminarios de problemas relacionados coa temática das prácticas.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
De non ser presencial, a atención ao alumnado sería telemática, no "despacho virtual" da profesora ou ben por correo electrónico. En calquera dos casos, o alumnado deberá convir previamente coa profesora (mediante e-mail) a data e hora da titoría.

* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir
Nun escenario totalmente virtual, e sempre que as circunstancias o esixa, as prácticas experimentais cambiaríanse por outras que o alumno puidese facer de xeito virtual, ou ben por seminarios de problemas relacionados coa temática das prácticas.

=== ADAPTACIÓN DE LA EVALUACIÓN ===

Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Rectoral, aos medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000