Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test e/ou de preguntas curtas sobre aspectos concretos dos contidos da materia. Os alunos/as deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 30 B9
C23
C26
D5
D9
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios prácticos de rexistro contable e análise económico-financieiro da empresa. 70 B9
C23
C26
D5
D6
D8
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para superar a materia por avaliación continua, o aluno/a deberá
superar as prácticas e o exame final.

Para superar as prácticas, o aluno/a deberá asistir, e
presentar as memorias cando sexa esixido, a aquelas prácticas que sexan
consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias
presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesorado para
poder superar as prácticas. En caso de falta de asistencia ás prácticas
obrigatorias, o aluno/a deberá presentar igualmente as memorias
correspondentes, e ademais elaborar e aprobar un traballo compensatorio
relacionado con cada práctica á que non asista, indicado polo
profesor/a correspondente.

Ademais, o aluno/a deberá superar o exame final da
materia, cunha parte teórica (30% da nota), composta por un test e/ou preguntas de resposta curta, e outra práctica (70% da nota), composta por un ou varios exercicios.

Previamente ao exame final farase unha proba de seguimento teórica (composta por un test e/ou preguntas de resposta curta),
ao remate do curso, que será liberatoria, da materia teórica,
para o exame final. A nota desta proba, de aprobarse, supoñerá o 30% da calificación global da materia.

Convocatorias oficiais

O alumno/a terá que presentarse a un exame final, cunha
parte teórica (30% da nota), composta por un test e/ou preguntas de resposta curta, e outra práctica (70% da nota), composta por un ou varios exercicios.

O
alumno/a que teña superadas as prácticas, e que supere a proba
de seguimento teórica, fará unha proba final reducida correspondente á parte práctica da materia (70% da nota).

O alumno/a que teña superadas as prácticas e non supere
a proba de seguimento, fará unha proba final correspondente a toda
a materia, cunha parte teórica (30% da nota) e outra
práctica (70% da nota). 

O alumno/a que non supere as prácticas fará unha proba con valor do 100% da nota (30% para
a parte teórica e 70% para a parte práctica), con independencia de que supere
ou non a proba de seguimento no seu momento.

Aclaracións

A calificación final calcularase a partir das notas das
distintas probas, tendo en conta a ponderación destas:

1) Parte teórica: 30%

2) Parte práctica: 70%

De calquera modo, para superar a materia é condición necesaria
superar todas as partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota
mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a 5).
Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha
das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de
suspenso.

A modo de exemplo, un alumno/a que obteña as seguintes
cualificacións: 8 e 3, estará suspenso, aínda cando a nota media dá un valor
superior a 5, posto que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestes
casos, a nota que se reflictirá na acta será "suspenso (4,0)".

Non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de
non superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de "suspenso (0,0)*.

Compromiso ético















































Espérase que o aluno/a presente
un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros) considerarase que o aluno/a non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico
será de "suspenso (0,0)".

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000