Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As medicións e os resultados pedidos na memoria de cada práctica, serán avaliados a través dun informe de prácticas ou cuestionario tipo test.
Ver outros comentarios para os pesos e o método de avaliación.
10 B5
C8
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas escritas que poderán constar de: cuestións teóricas, cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas,
tema a desenvolver e/ou cuestionario tipo test.
Ver outros comentarios para o método de avaliación.
90 B4
B5
C8
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Metodoloxía de avaliación:

- Realizaranse dúas probas de avaliación continua valoradas de 0 a 1 punto cada unha. Máximo 2 puntos. [C_pec]

- Realizaranse dúas xornadas de laboratorio, con entregables, valoradas de 0 a 0.5 puntos cada unha. Máximo 1 punto. [C_lab]

- Realizarase un exame final, valorado de 0 a 10 puntos. [C_ex]

Para
computar a nota total [C_actas] empregarase a seguinte fórmula, onde
C_actas terá que resultar igual ou maior a 5 para aprobar o curso:

De maneira ordinaria, avaliación continua: C_actas = (C_pec + C_lab) + C_ex *(1 - (C_pec + C_lab)/10)

No caso de renuncia: C_actas = C_ex

No exame extraordinario de segunda oportunidade, mantense o mesmo modelo de avaliación que para a convocatoria ordinaria.

No caso de non presentarse a ningún exame final, a cualificación será a de Non Presentado

Calendario de exames.

Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados  e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000