Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Contidos
Tema Subtema
BLOQUE 1. Introdución. Presentación da materia. Avaliación do nivel de coñecemento xenético do alumnado. Análise do programa. Toma de decisións sobre o proceso de aprendizaxe e o sistema de avaliación do curso. Revisión de conceptos xenéticos básicos.
BLOQUE 2. Variabilidade xenética e caracteres discretos. Orixe e mantemento da variabilidade xenética. Análise mendeliano e relacións entre alelos. Interacción xénica.
BLOQUE 3. Variabilidade xenética e caracteres cuantitativos. Análise xenética da variación continua. Os métodos biométricos na Xenética Cuantitativa. Heredabilidade e métodos de mellora xenética en acuicultura.
BLOQUE 4. Equilibrio xenético poboacional e forzas evolutivas. A poboación ideal. O equilibrio poboacional. Factores sistemáticos de cambio: mutación, migración, selección. Factores de cambio aleatorio ou dispersivo: deriva xenética, endogamia.
BLOQUE 5. Cálculo da estrutura xenética poboacional. Tipos de polimorfismos de ADN. Base computacional das estruturas poboacionais.
BLOQUE 6. Xestión de recursos xenéticos mariños. Conceptos básicos en xenética de pesqueiras. Xestión xenética das pesquerias. Xestión xenética na acuicultura.
PRÁCTICA 1. Identificación de especies mariñas con marcadores xenéticos diagnóstico. Amplificacion de ADN, migración electroforética de produtos de PCR, interpretación de patróns xenéticos. Análise bioinformatico de asignación interespecífica e inferencia filoxenética . Aplicacións científicas e industriais da trazabilidade xenética.
PRÁCTICA 2. Cálculo da estrutura xenética poboacional de especies mariñas. Amplificación xénica, xgenotipado poboacional, tabulación de datos. Cálculo bioinformatico de estruturas xenéticas e conectividade entre stocks pesqueiros con métodos bayesianos. Aplicacións científicas e industriais da estrutura xenética.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000