Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Plan de Continxencias
 
Descrición
PLAN DE CONTINXENCIA

Ante a imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou con ampla antelación) polo alumnado e o profesorado, a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen:
As indicadas na guía, salvo as derivadas da non presencialidade nas aulas comúns, como as prácticas de laboratorio.

* Metodoloxías docentes que se modifican:
Empregaranse os recursos do Campus Remoto da UVIGO para a impartición das clases online, asi como a Plataforma MOOVI da UVIGO para o acceso aos repositorios (as presentacións en formato PDF, distintos textos, artigos, problemas resoltos con detalle ou non, probas tipo "test", etc.). Requirirase a presentación dalgúns problemas e traballos individuais en concerto co profesor. Os alumnos poderán executar os distintos informes, traballos ou exercicios por escrito manual (con foto ou escaneo das páxinas pertinentes) ou en formato dixital cun procesador de texto e inserción, si procede, dos diagramas ou figuras. Practicas de laboratorio: de non ser posible realizalas de maneira presencial, adaptaranse con programas informáticos, vídeos e cálculos experimentais (estes últimos remitiranse ao profesor).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
As titorias realizaranse en conxunto pola aula virtual en día e hora (1-2 h) establecidas por semana co alumnado. Individualmente, atenderase por email, ou por teléfono, así como por tutorías discrecionales na aula virtual.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir:
Mantéñense como na guía docente.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
Como na guía e incluíndo algún material bibliográfico en formato pdf, vídeos e programas informáticos.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense as porcentaxes propostas, coa excepción do tipo de presentación dos mesmos (ver. a continuación)

* Probas xa realizadas:
Proba realizada: [%Peso anterior = %Peso Proposto]
...

* Probas pendentes que se manteñen:
Todas as probas: [%Peso anterior] = [%Peso Proposto]
...

* Probas que se modifican:
Só cambia o formato: [%Proba anterior] = [%Proba nova]

* Novas probas:
Os diferentes traballos, problemas resoltos, cálculos de proceso experimentais, test de control, etc., realizados por escrito ao longo do curso, enviaranse por correo electronico ao profesor con limite de data de recepción de cada un. O exercicio final realizarase mediante exposición de resultados na aula virtual da materia. Alternativamente (de non ter acceso telemático á docencia diária), os alumnos poderán executar os distintos informes, traballos ou exercicios por escrito (con foto ou escaneo das páxinas pertinentes) ou en formato dixital cun procesador de texto e inserción, si procede, dos diagramas ou figuras.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000