Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Informe escrito individual sobre a actividade realizada en seminarios. Pode incluír cuestionarios. 10 A1
A2
A3
A5
B1
B5
C12
D1
D2
Saídas de estudo Comprende un breve resumo escrito individual ou en grupo, dependendo da natureza da saída. Nel hase de reflectir a actividade realizada nas saídas e o seu alcance. 10 A2
A5
B1
D1
D5
Estudo de casos Informe de grupo en que se reflicten as actividades realizados durante as prácticas, no que se incluirán obxectivos, metodoloxía, resultados e conclusións. 20 A2
A3
A5
B1
B5
C13
C14
D1
D2
Lección maxistral Será unha proba escrita individual de entre 2 e 4 horas, cuxo obxectivo será a avaliación global do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias e coñecementos.
Comprenderá un ou varios dos seguintes tipos de cuestións: preguntas longas a desenvolver, preguntas curtas, preguntas de tipo test, resolución de problemas, interpretación de imaxes, mapas ou diagramas.
Requirirase un mínimo de 4 sobre 10 para poder facer media co resto de probas de avaliación.
60 A1
A2
A3
A5
B1
C12
C13
C14
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ás saídas, seminarios e prácticas é condición indispensable para ser cualificado. Un 20% de faltas de asistencia no conxunto das actividades da materia, ou a non asistencia a unha saída implican a non cualificación. Se unha das partes non é cualificada, a nota que se asignará será a media pura dividida por 2.

Hai que alcanzar polo menos o 40% da puntuación máxima parcial en cada un dos bloques para poder compensar facendo media coa cualificación obtida nos outros bloques.

Se non se supera a materia, non se conserva a cualificación obtida en ningún dos bloques para o curso seguirte.

A data oficial dos exames pódese consultar en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

_______________________________________________________________________________________________

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta
responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000