No caso de ter que asumir docencia mixta ou docencia completamente en liña, as actividades formativas modificaranse do seguinte xeito:
1. Clases teóricas: impartiranse a través do campus remoto
2. Clases prácticas: impartiranse a través do campus remoto
3. Saída de campo: proporcionarase información e recursos audiovisuais aos estudantes relacionados co contido e os resultados de aprendizaxe asociados a esta metodoloxía.
4. Seminarios: impartiranse a través do campus remoto con información de apoio adicional
En canto á avaliación da materia, modificarase aumentando o peso na nota final da avaliación continua. A distribución de % será a seguinte:
1. Contidos teóricos
Exame 20%
Avaliación continua 20%
2. Contido práctico: 25%
Informe de grupo que reflicte as actividades
feitas durante as prácticas, que incluirán
obxectivos, metodoloxía, resultados e conclusións
3. Saída de campo: 15%
Inclúe un informe por escrito individual do
material e información subministrada
4. Seminarios: 20%
Informe escrito individual sobre a actividade desenvolvida en
seminarios. Pode incluír cuestionarios. |